Tarefa 3.4 Recoñecemento facial
A continuación imos explorar as técnicas de recoñecemento facial con IA. Para iso empregaremos a páxina web hownormalami.eu, exploraremos como os algoritmos de machine learning tentan analizar e xulgar a túa cara. Ao permitir o acceso á túa cámara, poderás experimentar estes algoritmos en tempo real, directamente no teu navegador. Pero non te preocupes, todo o procesamento execútase localmente, sen enviar datos á nube. Ao finalizar a experiencia, terás a opción de compartir datos anónimos con nós, pero isto é completamente opcional.
Ao inicio de cada páxina terás unha tradución automática do audio do vídeo da web. Vai executando únicamente o algoritmo da páxina co que esteas a traballar, para parar o vídeo simplemente cambia de lapela no navegador.
Método de cualificación: Último intento
Nota para aprobar: 5,00 de 10,00