Agora que xa probaches o teu modelo, comparaches linguas e cantidades de exemplos e reflexionaches sobre os resultados, é o momento de compartir o aprendido.
No foro non hai respostas correctas ou incorrectas: interesa saber que observaches, que che sorprendeu e que conclusións sacaches ao adestrar unha máquina.
Le primeiro as achegas anteriores e, a continuación, contesta expresando as similitudes e diferenzas co que xa comentaron outras persoas no foro.