Tarefa 3.3. Crea o teu propio modelo de machine learning para clasificar mensaxes
Requisitos do completado
Ver
Facer unha entrega
Recibir unha cualificación
Abertas: venres, 2 de xaneiro de 2026, 12:00 AM
Traballo: crear e avaliar un modelo de recoñecemento de texto
Emprega o programa https://web.learningml.org/ para crear o teu propio modelo de Machine Learning (recoñecemento de textos).
1) O que tes que facer
- Escolle o mesmo tipo de modelo que o resto da mesa (unha das opcións da lista de abaixo).
- Adestra ese mesmo modelo en dúas linguas: español e galego.
- Fai tres versións do adestramento en cada lingua: con 10, 30 e 50 exemplos por clase.
- Proba o modelo con textos novos (que non estean no adestramento) e toma evidencias (capturas).
- Cando rematedes, debatide e participade no foro.
2) Modelos dispoñibles (cada grupo escolle un)
Escollede un destes modelos e mantédeo igual nas probas (cambian só a lingua e o número de exemplos).
- Positivo Me ha gustado mucho la clase / Negativo Esto es muy aburrido
- Escolar Mañana hay examen de matemáticas / Persoal Quedamos esta tarde para jugar
- A favor Estoy de acuerdo con la norma / En contra No me parece justo
- Formal Estimado profesor, le escribo para informarle / Informal Profe, no entendí nada
- Estudos Tengo que estudiar historia / Ocio Me encanta ese videojuego
- Urxente Necesito esto para hoy mismo / Non urxente Cuando puedas lo miras
- Queixa La clase fue demasiado larga / Suxestión Podríamos hacer más actividades
- Claro El examen es el viernes / Confuso Bueno, lo del examen ya veremos
- Respectuoso No estoy de acuerdo, pero lo respeto / Irrespectuoso Eso es una tontería
- Información La Tierra gira alrededor del Sol / Opinión Creo que esta asignatura es difícil
3) O que tes que entregar
- Ficheiro .json coas sesións/datos de adestramento (exportación do teu modelo).
-
Documento de traballo (PDF) que inclúa:
- 3 capturas de pantalla con 3 probas diferentes (textos novos, non usados no adestramento).
- Unha pequena descrición do que fixestes (modelo elixido, lingua e número de exemplos en cada proba).
- As respostas acordadas en grupo ás seguintes preguntas (ver punto 4).
- Participación no foro (unha mensaxe mínima explicando que aprendeches que conclusión sacaches).
4) Preguntas para o debate e o documento
- Que diferenzas notas no modelo cando o adestras en español e en galego?
- A partir de cantos exemplos (10, 30 ou 50) ves unha mellora clara no funcionamento do modelo?
- Que tipo de frases fan que o modelo falle máis e por que cres que ocorre?
- É máis importante a cantidade de exemplos ou a calidade deles para que o modelo funcione ben?
- Despois destas probas, confiarías neste modelo para usalo nunha situación real? Por que?