Tarefa 1.2: Estudiamos as IA que nos axudarán durante todo o curso
Cada alumno/a investigará un asistente de IA asignado polo profesor/a. O traballo consistirá en explorar como funciona, probar o que pode facer na práctica e explicarlle os resultados á clase.
2. Pasos para a investigación
a) Explorar a ferramenta e probar o seu funcionamento
Este apartado farase individualmente por cada membro do grupo.
Deberás entregar un documento propio que amose o traballo realizado por ti. No documento deben aparecer:
- Capturas de pantalla ou copia dos textos xerados.
- Prompts empregados e/ou opcións exploradas.
- Todo recollido nun documento (LibreOffice, Google Docs…).
Que facer
- Crear unha conta gratuíta se o require.
- Investigar quen a creou, cando saíu e para que foi deseñada.
- Identificar o tipo de asistente:
- De diálogo / xeración de texto (p.e., ChatGPT, Claude, Perplexity…).
- De organización / estudo / transcrición (p.e., NotebookLM, Notion AI, Otter.ai, Quizlet…).
Se é un asistente de diálogo (tipo ChatGPT)
Debes facer polo menos tres probas de prompts:
- Un prompt que funcione moi ben (resposta clara e útil).
- Un prompt creativo ou curioso (resposta sorprendente).
- Un prompt que funcione mal (resposta incompleta ou confusa).
Se é un asistente de organización/estudo
Debes comprobar que cousas pode facer na práctica, por exemplo:
- Subir un documento e ver que tipo de resumo ou análise ofrece (NotebookLM, ChatPDF).
- Crear un esquema de estudo a partir dunha lista de temas (Notion AI).
- Transcribir unha explicación ou gravación e convertela en notas (Otter.ai).
- Xerar tarxetas ou cuestionarios para repaso (Quizlet AI).
- Mostrar relacións entre artigos ou ideas (Research Rabbit).
Garda polo menos tres exemplos reais de uso, indicando que función probaches e que resultado deu.
3. Guión da presentación oral
Importante: Antes de pasar a este punto, comparte coa profesora o documento anterior para verificar que xa tes todo o necesario para comezar a preparar o guión.
- Introdución
- Nome do asistente de IA.
- Empresa creadora e ano de saída.
- Que fai esta IA?
- Funcións principais.
- Que a diferencia doutras.
- Experimento práctico
- Amosar os tres exemplos gardados (resposta boa, resposta débil ou erro, resposta curiosa/interesante).
- Explicar que se fixo e por que funcionou ou non funcionou.
- Uso práctico para estudar
- Un exemplo concreto de como pode axudar nunha materia.
- Vantaxes
- Aspectos positivos para estudantes.
- Limitacións e riscos
- Que non fai ben.
- Precaucións (plaxio, información incorrecta, privacidade).
- Opinión persoal e conclusión
- O que máis che gustou ou chamou a atención.
- Se o recomendarías a outros estudantes.
- En que materias o ves máis útil.
4. Produto final
Entrega individual
- Documento de traballo con explicación da ferramenta, os prompts ou funcións probadas, capturas de pantalla e comentarios.
Entrega por grupo
- Presentación de diapositivas (LibreOffice, Canva, Google Slides…) cos puntos principais.
- Exposición oral de arredor de 5 minutos diante da clase.