Évaluation de Travaux remis


Gráficos e imaxes
As imaxes son significativas: identifican o sistema e o que acontece en cada cuadrante.

Hai imaxe central clara do sistema e imaxes representativas en cada sección.

As imaxes non son decorativas nin xenéricas (non valen iconos sen relación co sistema).
2
Información esquematizada
A información aparece en puntos curtos, listas ou etiquetas. Non hai frases longas redactadas.

Cada dato é relevante e específico para o sistema concreto (non valen definicións xenéricas copiadas).

O contido de cada cuadrante é pertinente: sensores en Sensores, aprendizaxe en Razoamento…
2
Títulos
Os catro cuadrantes están claramente titulados: Sensores · Actuadores · Representación · Razoamento e aprendizaxe.

Os títulos son visibles, lexibles e orientan o lector sen confusión.
1
Sen repeticións
A mesma información non aparece en dous cuadrantes distintos.

Cada elemento está colocado no cuadrante que lle corresponde semanticamente.
1
Ortografía
Sen faltas de ortografía nin de acentuación.

Linguaxe en galego correcto (non é válido o castelán nin a mestura de linguas).
1
Coherencia visual
As cores son consistentes ao longo da infografía (non hai combinacións aleatorias).

Non hai problemas de contraste: o texto é lexible sobre o fondo correspondente.
1
Tipografía e lexibilidade
Os títulos son claramente maiores que o texto do corpo.

Non hai texto tan pequeno que sexa ilegible a tamaño A3.

A fonte é adecuada: lexible, non excesivamente decorativa.
1
Formato A3 apaisado sen sobrecarga visual
A infografía está en formato A3 apaisado.

O espazo está ben aproveitado: non hai grandes zonas baleiras nin sobrecarga visual.
1