Curso: Tecendo código | Aula Virtual do IES de Castro de Vigo


    • Crea un tecido de calada con ligamento tafetá seguindo as instrucións do pdf que se che achega.
      Ligamento tafetá
    • Crea un tecido de calada con ligamento sarga seguindo as instrucións do pdf que se che achega.

      SARGA PAPEL

    • Crea un tecido de calada con ligamento raso seguindo as instrucións do pdf que se che achega.

      LIGAMENTO RASO

    • A actividade que che propoñemos é realizar un Proxecto dun marcapáxinas, unha pulseira,un pousavasos, unha funda de móvi .....Utilizando o tear. Para iso debes seguir os seguintes pasos: 

      • Ficha técnica do proxecto. (Se adxunta ficha técnica en pdf).
      • Traballo de taller REALIZAR o tecido. 

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • Blogue  de contido etnográfico, no que se explican os aparellos empregados para tecer

    • Instrucións para facer un tear sinxelo, no que os fíos de urdime sepáranse mediante cravos

    • Titoriais explicativos dos conceptos básicos dun tear dos que nos partimos para construír o noso pequeno tear.

    • O tear María é un tear semellante ao noso. Nesta lista poderemos aprender a combinar cores

    • Co gallo do día da muller o CFR de Vigo organizou unhas xornadas sobre as redeiras. Neste material poderás atopar os planos para cortadora láser dun tear sinxelo. É un aula virtual  na que podes entrar como convidado


    • Na ficha que achegamos  tes que pegar unha serie de tecidos, completa na ficha as súas propiedades físicas e características de cada tecido.

    • A actividade que propoñemos é moi sinxela. Vas analizar as etiquetas da  roupa que levas hoxe posta. Completa o documento

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • Páxina na que se desenvolve teoricamente os tipos de fíos, como se fan os fíos e os tipos de tecidos básicos

    • Blogue da empresa Ravanetto onde se detallan as características do poliéster

    • Breve descripción de diferentes tipos de tea en E-How
    • Recompilación de símbolos que aparecen nas etiquetas que explican como tratar un tecido en casa.

    • Poñemos en marcha os nosos coñecementos ... Cosemos un botón ... Un automático nesta tea vaqueira.

      .

    • Descarga o pdf que se  achega e realiza as puntadas sen fío que se che indican. Segue as instrucións. Une os puntos marcados pola agulla para identificar o tipo de puntada.


    • Empezamos a realización do proxecto. Fabricación dun peluche-pantasma. O primeiro será realizar unha proba de coser sen fío nunha cartolina. Tenta pasar a liña coa máquina de coser .


    • .Co selector de puntadas realiza un pano de prácticas. Elixe diferentes tipos de puntadas, así como determina en cada puntada a tensión, lonxitude e anchura. Realiza 10 probas.
      dtipo de puntadas

    • .

      Nesta actividade imos coñecer algo máis da máquina de coser. Das puntadas que seleccionaches na práctica anterior escolle unha e estuda que fai a máquina cando modificas a tensión, anchura e longo da puntada.



    • .Seguindo as instrucións do pdf que achegamos. Realiza a pantasma-peluche en tea.


    • Escolle un patrón e a boneca/animal para o que queres deseñar o teu traxe:

      1. Mide a túa boneca ou animal e anota as medidas nunha ficha técnica de medidas para patronaxe.
      2. Abre o patrón en formato vectorial (.svg) e modifica as medidas para que se axusten á ficha de medidas
      3. Abre a ficha técnica de patronaxe e modifica as medidas.
      4. Exporta o patrón en pdf e imprime o patrón en papel, recórtao e emprégao para cortar a tela.
      5. Seguindo as instruccións da ficha técnica cose o traxe.
      Garda nesta tarefa o patrón modificado en pdf e unha foto do traxe vestido na modelo.
    • Versión en formato .pdf para descargar e fotocopiar

    • Patróns en .svg para re-escalar e modificar con Inkscape. O número do patrón corresponde ao número da ficha técnica

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • Pequena recompilación de vocabulario en galego das costureiras

    • Blog moi completo con consellos de costura

    • EL BLOG DE BOTTON, consellos de costura básicos.
    • Blog que estudia a fondo as partes dunha máquina de coser Singer

    • Guía dos símbolos e tipos de puntada das máquinas de coser

    • Circuito de Tinkercad para observar e modificar


    •   Monta a túa prototea e realiza as prácticas indicadas no tema. No pdf achegamos o guión das mesmas, para que non esquezas ningunha.


    •    ,Nesta actividade imos facer un  portapilas para os proxectos de téxtil. Indicamos os pasos a seguir.

                   * Materiais.

                   *Cosido de automáticos.

                    *Conexións.


    • Nesta actividade imos facer un  xogo de verdadeiro o falso, basado en un circuito en serie. Coñeces os tecidos ?

    • .

    • .

      Nesta actividade imos facer una casa de papel con rúa luminosa. A iluminación da rúa é un circuíto en serie con diodos.

    • Nesta actividade imos facer tres casas de papel. Na casa grande coloca dúas diodos en paralelo. O resto do circuíto é libre

      ..

    • carrete de fíoTira do fío

      (ligazóns para aprender máis)

    • La tecnología como material creativo: E-textiles y sus derivaciones en el campo de los artes visuales.

    • Blogue de ideas para incluír luces en pequenos proxectos de bordado e "amigurumis" de  ganchillo

    • Traballos de investigación posibles:
      • Facer un xogo tipo kahoot onde vexamos vestidos de distintas épocas e teñamos que adiviñala.
      • Buscar imaxes de peliculas ou series onde saian vestidos coma os referenciados na lección.
      • Facer unha presentación tipo book cin actor, actriz ou modelo importante e analizar a súa vestimenta, por que marcaba tendencia..

    • Analizar a vestimenta de avós e bisavós, que lle chamaría a eles a atención da nosa vestimenta e prognosticar a vestimenta de dentro de 50 anos.

      Buscar referencias de prognósticos anteriores (películas de ciencia ficción, exposición  universal de 1939,  revista Vogue,...)


    • Analizar vestidos famosos de autores famosos, indicando as súas características principais. Esta wiki colaborativa permite que o alumnado insira os seus análises e estes sexan compartidos co resto do alumando

    • Traballo de análise dunhas zapatillas (vellas, para tirar) no que temos que identificar as partes, os materiais, o deseño estrutural...Relacionado: historia das zapatillas máis importantes (Air Jordan) e das empresas (Adidas e Puma, Nike...), o márketing das zapatillas

      Material para a investigación:

      Partes dunha zapatilla

      Documental: Jordan, un hombre y sus zapatillas


    • A industria da moda é unha das máis contaminantes do planeta, e o incentivo ao consumo constante de roupa de de baixo prezo producida en condicións laborais pouco éticas non axuda a que teña unha boa consideración en medios progresistas. En parte por iso é bo sinalar o esforzo de deseñadores e produtores por crear moda sostible, con criterios éticos, ecolóxicos e sobre todo sen utilizar animais.

      Nesta actividade pode facerse un desfile de moda alternativa e vegana, buscando e valorando o traballo de deseñadores por criterios éticos, como por exemplo:

      • Vivienne Westwood (precursora do upcycling)
      • Stella McCartney
      • Christopher Raeburn
      • Gabriela Hearst
      • Mara Hoffman
      • Iris Van Herpen
      • Bethany Williams
      • Sonia Carrasco
      • Kenneth Ize
      • Paloma Wool
      • Roberts/Wood
      • Cecilie Bahnsen
      • ...

  • Este material foi creado cunha licenza de formación no curso 2021-2022 convocada na resolución do 8 de xuño do 2021 pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia

    Autoría: Begoña Cortés Redín, Peregrina Pintos Testa e Daniel Rodíguez Pizarro


     Licencia cc-by-sa