1. Xestión da Seguridade da Información

1.7. Presentación do Plan.

O documento anterior deberá presentarse á dirección e realizar unha defensa do mesmo. Unha posible estrutura da presentación podería ser:

  • Introdución sobre a orixe do documento e o proceso de desenvolvemento asociado.

  • Descrición temporal e xustificada dos prazos curto, medio e longo, os tipos de accións asociados e os motivos de dita clasificación.

  • Planificación xeral: identificación de todas e cada unha das accións a realizar.

  • Curto Prazo: Descrición detallada de cada acción, incluíndo prazo temporal, recursos precisos, propostas de provedores, tarefas incluídas e valoración económica.

  • Medio Prazo: Procederase de igual forma que nas medidas a curto prazo.

  • Longo Prazo: Procederase de igual forma que nas medidas a curto prazo.

  • Proposta de planificación temporal: Daranse datas reais como obxectivo de cumprimento da implantación das medidas do documento.