Demografía, sociedade, movementos sociais e culturais do século XIX.GUERRA CIVIL
3. CONFLICTIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO
3.3. Movementos agrarios
O movemento de reivindicacións agrarias é o agrarismo. Nel participou masivamente o campesiñado pero non conseguiu unha uniformidade ideolóxica. No agrarismo existían figuras moi opostas politicamente dende católicos ata comunistas, pero todos teñen un obxectivo común melloras para os labregos.A situación no campo galego ós inicios do XX tiña problemas graves destacando os derivados do réxime de propiedade(sistema foral), o minifundismo, o proteccionismo do goberno que desfavorecía ós productos galegos. Pero en Galicia se pensaba que os problemas básicos eran dous os foros e o caciquismo.
Para moitos historiadores aínda que hai reivindicacións anteriores o agrarismo como tal comeza no 1906 cando se establece a legalidade dos sindicatos.
As asociacións que apareceron antes do XIX tiveron como finalidade buscar“socorros” para os seus socios.
Coa lei de 1906 aparecen asociacións de marcado carácter agrarista destacando Solidaridad Gallega é unha asociación rexionalista. creada no 1907.No seu programa figura a loita contra o caciquismo e a supresión do foro mediante a súa redención.Desapareceu no 1914.
Outras organizacións son a Unión campesiña e o Directorio antiforista de Teis.
Algunhas veces as reivindicacións antiforistas remataron coa morte de campesiños como é o caso de Oseira1909,Nebra1916 e Sobredo 1922.
A asociación máis importante foi Acción Gallega creada no 1910 por Portela Valladares, Canitrot,Luís Antón de Olmet e que tivo como máximo líder a Basilio Álvarez.Este crego mobilizará ó campesiñado galego. O seu programa era sinxelo:
Ø Redención de foros
Ø Eliminación do caciquismo
Ø Potencia-las vías de comunicación
Ø Fomenta-lo turismo
Ø Fomenta-las industrias de salga de peixe, vinícolas e agropecuarias
Ø Crear cooperativas
Ø Crear bancos e montepíos de labregos
Ø Só querer como deputados ós que acepten as reivindicacións agrarias.
Os agraristas foron represaliados polos caciques e pola garda civil, incluso Basilio Álvarez perdeu a súa parroquia.
Na Dictadura de Primo de Rivera as posturas do agrarismo son máis moderadas, pero será cando se logre o Decreto de Redención de Foros, o capital para estas redencións chega da emigración e do diñeiro obtido da cría do gando vacún. A pesar desta lei aínda haberá conflictos por temas forais ata o ano 1963, no que se establece unha disposición transitoria no código civil galego. Basilio Álvarez será xa un mito.
3-3 CONCLUSIÓN
Os obreiros conseguen que o Estado Liberal elaborase leis de carácter laboral que regulasen o traballo, os salarios, a xornada laboral. No 1903 créase o Instituto de Reformas Sociais para coñecer a situación socioprofesional do país e para asesorar ó goberno.No 1908 créase o Instituto Nacional de ^Previsión para organizar unha nacente Seguridade Social. Algunhas concesións ós traballadores foron dereito á folga no 1909 e a reducción da xornada laboral a un máximo de 8 horas no 1919.