Demografía, sociedade, movementos sociais e culturais do século XIX.GUERRA CIVIL

Sitio: Aula Virtual do IES de Rodeira
Curso: Historia de España (Departamento XH)
Libro: Demografía, sociedade, movementos sociais e culturais do século XIX.GUERRA CIVIL
Impreso por: Usuario convidado
Data: sábado, 27 de decembro de 2025, 12:15 AM

Descrición

Imos estudar os fenómenos económicos que ten lugar de forma paralela a revolución liberal.

1. DEMOGRAFÍA

1- DEMOGRAFÍA

Durante o s.XIX e as dúas primeiras décadas do s. XX a poboación española creceu aínda que máis lentamente que nos países de Europa Occidental. O modelo demográfico antigo tardou en desaparecer.A natalidade e mortalidade reducíronse ó tempo que se desenvolve un amplo movemento migratorio tanto interior(campo cidade)como exterior.

1-1 O MODELO DEMOGRÁFICO ANTIGO

O modelo demográfico antigo caracterízase por un crecemento lento da poboación debido a alta mortalidade a pesar de manter taxas de natalidade moi altas.

Evolución de la población de 65 y más años en España

España mantivo unha natalidade e mortalidade moi altas ata finais do XIX a taxa de mortalidade será no 1900 do 29/oo e a de natalidade do 34/oo. A esperanza de vida será de 34 anos nos homes e 36 nas mulleres.

As causas da elevada mortalidade son:

q As crises de subsistencia [ crises típicas das economías agrarias tradicionais, provocadas polas malas colleitas.estas crises prodúcense de forma periódica.Xeralmente son provocadas por fenómenos meteorolóxicos(secas,inundacións ou pedrazo)como consecuencia adoitaban a producir alza dos prezos nos productos básicos na alimentación, e con elo a fame ] .Son de destacar as crises de subsistencia do 1847,1857,1867.

q Epidemias periódicas de febre amarela, gripe e cólera (1834,1854,1865,1885)

q Enfermidades endémicas como tuberculose, tifos,sarampelo etc.

q As guerras (carlistas,Independencia, América e Colonias africanas)

Outra característica do modelo demográfico antigo é o predominio da poboación rural eran 2/3 da poboación, a finais do XIX só Barcelona e Madrid tiñan 500.000 habitantes, e só vivían en cidades de máis de 100.000 h o 9% da poboación. A poboación española medrou lentamente no s.XIX pasou duns 10,5 millóns de habitantes no 1800 a 18,5 millóns no 1900.

1-2 ELEMENTOS DO CAMBIO NO MODELO DEMOGRÁFICO

A partir do 1885, última epidemia de cólera, hai un cambio, cun crecemento vexetativo importante, a natalidade diminuíu chegando a ser no 1935 do 27,2/ooo. O descenso da natalidade vai unido en parte o proceso urbanizador do XX(e máis difícil criar nenos nas cidades que nos 20pobos).

Cuadro de texto: A mortalidade decrece tamén pero será a partir de 1890, debido as melloras na alimentación, hixiene e sanitarias.As grandes crises de subsistencia desaparecen e tamén as epidemias aínda que cabe recordar a epidemia de gripe de 1918, que supuxo unha enorme perda de vidas humanas en España. A mortalidade chegou a ser no 1935 do 16,3/oo e a esperanza de vida de 48 anos nos homes e de 52 nas mulleres. Tamén caeu a mortalidade infantil.

Haberá diferencias no crecemento da poboación segundo as rexións, cun estancamento claro no interior agás Madrid, e un aumento de poboación na periferia con excepción de Galicia.

A poboación urbana crecerá máis tarde que en Europa debido ó escaso desenvolvemento industrial español, empezará a crecer no primeiro tercio do s. XX. Entre 1900 e 1930 a poboación que vive en cidades de máis de 100.000 habitantes pasou dun 32% a un 42%. As cidades crecen, derrúbanse as murallas e constrúense os ensanches como os de Ildefonso Cerdá para Barcelona ou a Cidade Lineal de Arturo Soria en Madrid.

Foi fundamental a desamortización para a configuración do espacio urbano do XIX e XX. As cidades cambian terán alumeado,empedrado, conducción de augas fecais, auga corrente etc..

En Galicia a Coruña crece e arrebátalle o 1º posto a Santiago.

1-3 AS MIGRACIÓNS

Aprécianse dous tipos de migracións:

  • Internas: do campo cara as cidades industriais . Empezaron a ser importantes na década dos anos sesenta do s. XIX, dirixidas maioritariamente ó País Vasco e Cataluña.
  • Externas: Maioritariamente dirixidas a América. Na última década do s.XIX marcharon cara América cerca dun millón de españois, a maioría a Arxentina,Uruguai e Paraguai, esta tendencia continuou ata 1914, neste ano saíron do noso país uns 200.000 emigrantes.A afinidade lingüística e as condicións das antigas colonias facilitan a marcha dos españois a “Facer as Américas”. Algúns tamén saíron cara a Francia e Alxeria.

Os emigrantes marchan por razóns económicas, buscando o pan., xa que en España hai un gran desfase entre o enorme crecemento da poboación e os escasos recursos do noso país.

A maioría dos emigrantes procedían de Galicia,Asturias e Canarias .

EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA

PERÍODO

GALICIA

ESPAÑA

GALICIA/ESPAÑA

1885-1895

167.665

563.851

29,7%

1911-1930

733.176

1.770.005

41,4%

1931-1946

60.032

148.695

41,7%

1947-1960

289719

629.032

46,1%

1961-1970

94085

173.902

54,1%

v GALICIA- foi unha das zonas de maior emigración, o redor do 33% da emigración española.Entre 1880(1.800.000 galegos) e 1970(2.600.000) saíron de Galicia máis de 1.200.000 galegos.

A crise de 1929 provocou unha recesión na emigración, algúns dos emigrados regresaron enriquecidos eran os chamados “indianos”.

Para Galicia a emigración foi ó longo do s. XIX e XX ,un freo o seu crecemento, aumentou a poboación solteira feminina, natalidade fora do matrimonio e o envellecemento da poboación. Os cartos mandados dende a emigración servirán para que os campesiños rediman os foros, merquen terras, compren gando e melloren as súas casas: Na industria o investimento será menor. Pero un dos destinos dos cartos dos emigrantes será o equilibro da balanza.

A migración interior dende Galicia irá dirixida ó País Vasco, Cataluña e Madrid, no século XX uns 800.000 galegos saen cara estes destinos dentro de España.

2. SOCIEDADE

2- SOCIEDADE

Dende os inicios do s. XIX hai cambios profundos na estructura social do noso país.

A abolición dos privilexios estamentais polo liberalismo, fan que non sexa o nacemento só o que marca as diferencias sociais, nunha sociedade liberal de clases non de estamentos, a valía persoal, os méritos militares o esforzo e a capacidade de traballo sexan máis valorados.

Foron moitas as persoas que con un berce humilde , lograron ascender as maiores cotas de poder e prestixio social.(ex. Espartero fillo dun carreteiro ou Godoy).A burguesía será a gran favorecida na sociedade do s. XIX e XX.

2-1 GRUPOS SOCIAIS TRADICIONAIS

Son a nobreza, o clero e o campesiñado.

q Nobreza: Perdeu os seus privilexios pero conservou o patrimonio, e mantivo gran influencia na sociedade.Para uns autores souberon acercarse á burguesía, para outros será a burguesía a que se acercarse á nobreza. Houbo un gran interese por obter títulos nobiliarios, moitos concedidos polos reis por parte da burguesía.

En Galicia a fidalguía(donos dos pazos) terá o poder económico e social, a medida que as rendas van perdendo valor perderá tamén poder a fidalguía.

q O Clero: A igrexa perde privilexios pero tamén a súa riqueza e a súa influencia político-social coas desamortizacións.A pesar de todo a influencia da igrexa aínda que baixou non se perde totalmente xa que España é maioritariamente católica e a Igrexa consegue incluír nalgunhas constitucións a confesionalidade ou un Concordato como o de 1851.En liñas xerais os gobernos progresistas limitaron o seu poder e os moderados o manteñen.

Aparece na sociedade española unha forte corrente anticlerical.

q Os Campesiños:son o grupo máis numeroso, no 1930 aínda son o 40% da poboación. A súa situación non mellorou coa desamortización xa que perderon unha importante fonte de recurso coa venda dos bens de propios, e non se fixeron propietarios. Hai diferencias na situación do campesiñado nas distintas zonas de España, en Andalucía o 1% de propietarios posúen o 42% das terras, o nº de xornaleiros sen terras é grande, o paro e a fame explican as numerosas revoltas no XIX e XX no campo andaluz, no outro extremo está Galicia o campesiñado aínda que non posuía a terra, mantiña certos dereitos derivados do réxime foral(estabilidade das rendas, dereitos de transmisión da explotación).a meirande parte dos campesiños tiñan terras moi pequenas e as condicións de explotación eran duras. O tamaño tan pequeno das explotacións, e as limitacións impostas polo foro(non poden cambiar os cultivos nin rotula-lo monte), foron un impedimento para a modernización agrícola. O campesiño galego para facer fronte as rendas tivo que redobrar o esforzo, parcelando e especializando as terras, en definitiva traballando máis.

2-2 OS NOVOS GRUPOS

Serán a burguesía e o proletariado.

q Burguesía: formada por industriais,comerciantes, funcionarios, militares, profesionais liberais, propietarios de bens mobiliarios...Foi o grupo ascendente da sociedade.O liberalismo e a industrialización contribuíron a que obtivera o poder político e económico. Non eran un grupo moi numerosos debido ó atraso da industrialización no noso país, pouco emprendedora e imitadora dos nobres. Hai unha alta burguesía(financeiros,industriais e comerciantes moi ricos)localizada nos centros económicos e industriais e unha pequena burguesía a das clases medias moi heteroxénea e moi aberta os cambios e defensora en moitos casos dos principios liberais e democráticos.

q O Proletariado: Aparece coa industrialización, durante o s. XIX o crecemento da poboación dedicada á industria foi lento a maioría de traballadores eran artesáns. O aumento do proletariado apréciase no s. XX. Os traballadores das fábricas proveñen do campo ou dos negocios artesáns que se arruínan como consecuencia da competitividade dos productos das fábricas. A situación do proletariado das fábricas era mala(xornadas enormes,salarios moi pequenos,traballo infantil, pésimas condicións de vida). A situación no campo non era mellor, os campesiños pobres e xornaleiros tiñan mínimos recursos e eran explotados polos grandes propietarios, desnutridos e sometidos ás enfermidades.Tamén os traballadores das minas terán unha vida mísera.Os máis desfavorecidos serán mulleres e nenos.Esta situación fai que aparezan grupos que solicitan melloras laborais e salariais.

3. CONFLICTIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO

3- CONFLICTIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO

A conflictividade nesta nova sociedade de clases foi grande, xa que os traballadores teñen que aceptar as condicións abusivas de traballo debido a:

- Traballadores pouco cualificados

- Introducción das máquinas nos procesos de producción

- Abundante man de obra.

Os traballadores vanse organizar e empregarán medidas de forza para conseguir mellorar a súa situación . As primeiras reivindicacións son laborais despois serán máis amplas achegándose a plantexamentos anarquistas ou socialistas.

O conxunto de actividades dirixidas polas asociacións obreiras en reivindicacións de melloras para os traballadores denomínanse “Movementos Obreiros”.

3.1. Conflictividade social e protestas

3-1 A CONFLICTIVIDADE SOCIAL E AS PROTESTAS

As duras condicións de vida dos campesiños provoca conflictividade dende o s. XIX. Como exemplo:

* Motíns de subsistencia:Protestas populares ante a escaseza ou suba de prezos dalgúns productos. Os máis pobres provocan saqueos, motíns etc..No s. XX as protestas contra a carestía da vida convertéronse en Folga Xeral no 1905 convocada pola UGT e no 1917 UGT e CNT.

* Conflictividade agraria:As reformas agrarias liberais non favoreceron a situación dos campesiños e provocaron revoltas. No Sur as terras acumuláronse formando latifundios, ademais os campesiños quedan sen os bens de comúns e de propios dos concellos, e os salarios son moi pequenos. Os campesiños e xornaleiros andaluces, estremeños e da Mancha, reivindicarán melloras nos salarios pero tamén reparto de propiedades.En moitos casos queiman colleitas ou ocupan terras, son duramente reprimidos pola garda civil.Exemplo destas revoltas Utrera1857, Loja 1861, Montilla 1873 ou Xerez 1892.No s.XX destaca pola súa violencia o Trienio Bolchevique 1918-1920. No N o problema ven dos sistemas de arrendamento, como os foros en Galicia ou a rabassa morta en Cataluña.Os campesiños queren redimir os seus contratos para poder acceder á compra das terras. Nos primeiros trinta anos do s. XX as protestas foron grandes.

* Conflictividade na Industria:A mala situación dos obreiros nas fábricas fai que os obreiros reivindiquen melloras de forma moi variada, protestas espontáneas,destruccións, folgas pero sempre sometidos as presións dos patróns e a represión das forzas de seguridade do estado.

3.2. Movementos obreiros

3-2 OS MOVEMENTOS OBREIROS

Os obreiros organízanse para loitar por mellorar a súa situación . Estas loitas son diferentes segundo cada época dando lugar a diferentes formas de actuación:

  1. A SITUACIÓN LABORAL DOS OBREIOS dende os inicios da industrialización foi moi precaria, pero especialmente complicada para mulleres e nenos(que reciben menor salario) que dan maiores beneficios.
  2. LUDISMO E SOCIEDADE DE OFICIOS: As primeiras protestas obreiras en España suceden entre 1820 e 1830, foron paralelas á industrialización, destacan os focos de Levante e Cataluña. Son de carácter violento. Os ludistas consideran que as máquinas son as responsables da mala situación dos obreiros,xa que as maquinas substitúen ó traballo de varios obreiros, por iso hai que destruír máquinas e fábricas.Destacan algúns brotes deste movemento en Alcoi 1821, Barcelona 1835( incendio da fábrica “El Vapor” Bonaplata, pioneira na aplicación da maquina de vapor).En Galicia no 1857 as cigarreiras da fábrica de tabacos de A Coruña , destrúen as máquinas ante as rebaixas do seu salario. O método mais usado foi a folga. Cando afecta a un sector(folga parcial) ou a tódolos sectores(folga xeral) para poder aguantar economicamente unha folga creábanse caixas de resistencia.
  3. AS SOCIEDADES DE RESISTENCIA E SINDICATOS DE OFICIOS Seguindo a tradición gremial algúns obreiros tamén intentaron asociarse por oficios. Xorden sociedades de resistencia e socorros mutuos.Pretenden tanto a consecución das melloras salariais e a reducción da xornada laboral como a regulamentación do traballo e a formación de caixas de resistencia, cooperativas de axudas e montepíos para facer fronte a unha enfermidade, un despido ou unha morte. Estas sociedades tiñan unha existencia máis ou menos importante segundo a permisividade que lles concederan os gobernos liberais.Se gobernan moderados estarán na clandestinidade se gobernan progresistas terán máis liberdade.No 1840 creouse “A Asociación de Protección Mutua dos Tecedores de Algodón” grupo só formado por proletarios.A medida que avanza o s. XIX apareceran máis e terán un carácter máis global.
  4. A AIT(ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE TRABALLADORES) A AIT fúndase en Londres no 1864, e aparece en España trala Revolución Gloriosa de 1868 co obxectivo de potenciar a unión e loita dos traballadores en todo o mundo.Difundíronse as súas doutrinas en España da man de Giuseppe Fanelli seguidor das ideas anarquistas de Bakunin, seu labor levou á creación de Federación Regional Española (FRE).No 1873 ten 40.000 afiliados na súa maioría en Levante Cataluña e Andalucía. En Galicia destaca a FLO de A Coruña.As tensións entre anarquistas(Bakunin) e socialistas(Marx) que acabaron coa expulsión de Bakunin da AIT,tamén se deu en España.A pesar da expulsión dos anarquistas da AIT a FRE mantivo actividades clandestinas ata 1881 en que foi disolvida.
  5. SINDICATOS E PARTIDOS OBREIROS Coa restauración os partidos obreiros foron prohibidos, pero a lei de asociacións de 1887, permitiu reconstruír as sociedades de oficios e formar os primeiros partidos obreiros.Cunha división clara entre anarquistas e socialistas.

a) SOCIALISTA E MARXISTA:Foi Paúl Lafargue xenro de Marx quen introduciu o marxismo en España.Diferenciase do anarquismo non so na ideoloxía senón tamén nas estratexias a desenvolver para conseguir os seus obxectivos. A súa ideoloxía ten as seguintes puntos:

- Para modificar a sociedade ten que haber unha loita de clases.

- Os cambios debe realizalos o proletariado organizado en partidos e sindicatos.Os traballadores deben alcanzar o poder.

- Cando alcancen o poder establecerase a dictadura do proletariado(expropiaranse as propiedades, os medios financeiros e de producción que pasaran ó Estado).

- Tras todo isto, todos os individuos terían iguais condicións de vida,desapareceran as diferencias de clase, e quedara establecida a sociedade socialista.

No socialismo español hai tres elementos básicos:

* O Partido Socialista Obreiro Español fundado por Pablo Iglesias no 1879 en Madrid..

* El Socialista o seu periódico 1886

* A Unión Xeneral de Traballadores 1888 el sindicato

En 1889 se funda la II Internacional en París, acordan loitar pola xornada de 8 horas laborais e pola festividade do día 1 de maio como día do traballo, estes obxectivos foron asumidos polo PSOE e pola UGT. A maioría dos seus apoios estarán en Madrid, Biscaia e Asturias, e con posterioridade no campo Andaluz e Cataluña .Pablo Iglesias foi elixido deputado no 1909. A veces realizaron acordos cos anarquistas como no 1917.

Co trunfo da Revolución Rusa, e polo tanto do comunismo, ábrese un debate dentro do socialismo español dando lugar á creación, dende as filas das “Xuventudes Socialistas” , do Partido Comunista Español en abril de 1920.Dentro do PSOE algúns disidentes fundaron o Partido Comunista Obreiro Español. Da fusión de ámbalas dúas formacións xorde no 1921 o Partido Comunista de España.

b)OS DE TENDENCIA ANARQUISTA: Introducido en España por Fanelli,discípulo de Bakunin. Queren transformar a sociedade capitalista mediante:

- A destrucción do estado e a eliminación de calquera autoridade ou poder(político, relixioso,familiar, militar, ou economizo)

-Supresión da propiedade privada e a abolición do dereito da herdanza.

-Eliminación das diferencias socioeconómicas,a sociedade anarquista organizarase en comunas autoxestionadas.

-Esta transformación social farana os traballadores, usando métodos variados:folgas,sindicatos,organizacións clandestinas, violencia, atentados(a propaganda pola acción)

Os seus apoios estarán no campo andaluz e no proletariado industrial de Cataluña, Valencia e Zaragoza.En canto ós métodos a utilizar non existe unanimidade. Algúns grupos serán partidarios de centrar a loita no terreo sindical, outros de atentar violentamente contra os bens e as persoas “ A propaganda polos feitos” co fin de acabar coa orde establecida. Estes grupos serán responsables del gran número de atentados que se producirán dende finais do XIX e a principios do XX contra bispos, goberno, políticos, terratenentes empresarios etc.A primeira asociación será a FTRE Federación de Traballadores da Rexión Española que en 1888 transformase na Federación de Resistencia ao Capital.

Aparecerá unha organización violenta chamada “Mano Negra”, formada por campesiños andaluces moi radicalizados pola terrible situación dos campesiños no campo andaluz. En Cataluña fúndase unha federación “Solidaridad Obrera” no 1907 e no 1910 fúndase a Confederación Nacional del Trabajo (CNT) sindicato anarquista.tivo gran expansión nos primeiros anos do s. XX. Os seus líderes eran Ángel Pestaña e Daniel Seguí. A partir de 1923 coa Dictadura de Primo de Rivera foron clausuradas . No 1927 xorde un grupo onde se integrarán os máis radicais crearon a “Federación Anarquista Ibérica”(FAI).

A acción sindical foi importante sobre todo dende os inicios do s. XX, como na semana Tráxica de Barcelona(1909) ou a folga Xeral de 1917. No En 1919 la folga dos da CNT na Canadiense (electricidade) tivo moito éxito, e conseguiu que poucas semanas despois o goberno decretara a xornada laboral de oito horas. Os empresarios tiñan medo e contrataron asasinos a soldo. Entre 1919 y 1923 (dictadura de Primo de Rivera) viviuse o pistolerismo catalán convertendo a Barcelona no "Chicago español".

C-SINDICALISMO CATÓLICO

A igrexa intentou, coa colaboración dos empresarios, contrarrestar o poder obreiro.Organízanse Círculos católicos e casas de beneficencia como a de San Vicente de Paúl e tamén sindicatos como o Sindicato Católico de Ferroviarios Españois, Sindicato Católico de Obreiros de Mineiros Españois y algúns más como Consejo de Corporaciones Católico-obreras e Federación Nacional dos sindicatos Católicos no 1912.

D- ESTADO E PATRONAL.

Tamén os empresarios e comerciantes crean asociacións como as Xuntas de Comercio, as Cámaras Oficiais e a Confederación Patronal Española.

O Goberno seguiu distintas posturas segundo o momento.O estado liberal vixía fortemente os movementos obreiros, as veces a represión e moi forte contra os obreiros coa forza do exército ou a Garda Civil.

3.3. Movementos agrarios

O AGRARISMO GALEGO

O movemento de reivindicacións agrarias é o agrarismo. Nel participou masivamente o campesiñado pero non conseguiu unha uniformidade ideolóxica. No agrarismo existían figuras moi opostas politicamente dende católicos ata comunistas, pero todos teñen un obxectivo común melloras para os labregos.A situación no campo galego ós inicios do XX tiña problemas graves destacando os derivados do réxime de propiedade(sistema foral), o minifundismo, o proteccionismo do goberno que desfavorecía ós productos galegos. Pero en Galicia se pensaba que os problemas básicos eran dous os foros e o caciquismo.

Para moitos historiadores aínda que hai reivindicacións anteriores o agrarismo como tal comeza no 1906 cando se establece a legalidade dos sindicatos.

As asociacións que apareceron antes do XIX tiveron como finalidade buscar“socorros” para os seus socios.

Coa lei de 1906 aparecen asociacións de marcado carácter agrarista destacando Solidaridad Gallega é unha asociación rexionalista. creada no 1907.No seu programa figura a loita contra o caciquismo e a supresión do foro mediante a súa redención.Desapareceu no 1914.

Outras organizacións son a Unión campesiña e o Directorio antiforista de Teis.

Algunhas veces as reivindicacións antiforistas remataron coa morte de campesiños como é o caso de Oseira1909,Nebra1916 e Sobredo 1922.

A asociación máis importante foi Acción Gallega creada no 1910 por Portela Valladares, Canitrot,Luís Antón de Olmet e que tivo como máximo líder a Basilio Álvarez.Este crego mobilizará ó campesiñado galego. O seu programa era sinxelo:

Ø Redención de foros

Ø Eliminación do caciquismo

Ø Potencia-las vías de comunicación

Ø Fomenta-lo turismo

Ø Fomenta-las industrias de salga de peixe, vinícolas e agropecuarias

Ø Crear cooperativas

Ø Crear bancos e montepíos de labregos

Ø Só querer como deputados ós que acepten as reivindicacións agrarias.

Os agraristas foron represaliados polos caciques e pola garda civil, incluso Basilio Álvarez perdeu a súa parroquia.

Na Dictadura de Primo de Rivera as posturas do agrarismo son máis moderadas, pero será cando se logre o Decreto de Redención de Foros, o capital para estas redencións chega da emigración e do diñeiro obtido da cría do gando vacún. A pesar desta lei aínda haberá conflictos por temas forais ata o ano 1963, no que se establece unha disposición transitoria no código civil galego. Basilio Álvarez será xa un mito.

3-3 CONCLUSIÓN

Os obreiros conseguen que o Estado Liberal elaborase leis de carácter laboral que regulasen o traballo, os salarios, a xornada laboral. No 1903 créase o Instituto de Reformas Sociais para coñecer a situación socioprofesional do país e para asesorar ó goberno.No 1908 créase o Instituto Nacional de ^Previsión para organizar unha nacente Seguridade Social. Algunhas concesións ós traballadores foron dereito á folga no 1909 e a reducción da xornada laboral a un máximo de 8 horas no 1919.

4. CULTURA

- A CULTURA

EDUCACIÓN E ENSINO

Hai unha relación entre poder político e concepto sobre educación,liberais ou moderados.

Ø Os liberais- ven a educación como algo básico nunha nación:

§ Debe ser universal,para todos, aínda que as mulleres acceden máis tarde e en menor número á educación.

§ Unificada, para todo o estado.

§ Gratuíta.

§ Obrigatoria, nos primeiros niveis.

§ Pública

Ø Os moderados - Acércanse máis as posturas da igrexa católica,asinan o Concordato de 1851 que acomodará o ensino á doutrina católica.

REFORMAS DO SISTEMA EDUCATIVO

o 1ª Reforma Lei de Pidal- Propón o control do estado sobre libros exames e materiais.

o 2ª Reforma Lei Moyano 1857- Os concellos ocuparanse da ensinanza primaria. En cada capital de provincia haberá un instituto. E en toda España 10 universidades.

No 1880 só o 30% de homes e o 10% de mulleres saben ler e escribir. Na Restauración vólvese ó estado confesional e ó concordato. A Dictadura de Primo de Rivera restrinxe aínda máis a ensinanza.

Os mestres terán un oficio mal pagado. Ata o s. XX existen “escolas de ferrado” nas que se pagaba ós profesores,xente sen cualificación, en especies.

RENOVACIÓN NO ENSINO

Neste país sempre existe unha corrente tradicionalista fronte a unha de pensamento máis moderno e secular.

o A Institución Libre de Enseñanza(ILE)creada no 1876. Fundada por Giner de los Ríos,Sanz del Río, Azcárate e Fernando Castro. Mantívose con donativos particulares.Ten gran influencia do Krausismo(tolerancia,honestidade no traballo,responsabilidade,valoración da persoa).Leva a cabo unha política de innovación educativa,coeducación nas aulas,textos só como libros de apoio e consulta,viaxes como complemento da aprendizaxe.Por ela pasan os máis importantes intelectuais tanto profesores como alumnos.

A ILE propicia a creación da “Junta para La Ampliación de Estudios”(1907)presidida por Santiago Ramón y Cajal, novel de Medicina en 1906. A Residencia de Estudiantes (1910)onde viven Dalí,Buñuel e García Lorca.

Tamén destacan a “Escola Moderna” de Ferrer Guardia. A Igrexa funda as “Escolas de Vacacións”.

NA CULTURA é de destacar a labor do Rexeneracionismo e a Xeración de 1898(Unamuno,Valle Inclán,Baroja,Machado,Pidal(historiador)Rusiñol e Zuloaga(pintores).

Xeración de 1914-Ortega y Gasset,Azaña, Eugenio D,Ors(pensamento). Científicos como Marañón e Cabrera. Pérez de Ayala(escritor)

Xeración de 1927 Aleixandre,Lorca,Guillén ou Gerardo Diego.

En ciencia destacarán Ramón y Cajal, Monturiol e Peral