Demografía, sociedade, movementos sociais e culturais do século XIX.GUERRA CIVIL
3. CONFLICTIVIDADE SOCIAL E MOVEMENTO OBREIRO
3.1. Conflictividade social e protestas
3-1 A CONFLICTIVIDADE SOCIAL E AS PROTESTAS
As duras condicións de vida dos campesiños provoca conflictividade dende o s. XIX. Como exemplo:
Motíns de subsistencia:Protestas populares ante a escaseza ou suba de prezos dalgúns productos. Os máis pobres provocan saqueos, motíns etc..No s. XX as protestas contra a carestía da vida convertéronse en Folga Xeral no 1905 convocada pola UGT e no 1917 UGT e CNT.
Conflictividade agraria:As reformas agrarias liberais non favoreceron a situación dos campesiños e provocaron revoltas. No Sur as terras acumuláronse formando latifundios, ademais os campesiños quedan sen os bens de comúns e de propios dos concellos, e os salarios son moi pequenos. Os campesiños e xornaleiros andaluces, estremeños e da Mancha, reivindicarán melloras nos salarios pero tamén reparto de propiedades.En moitos casos queiman colleitas ou ocupan terras, son duramente reprimidos pola garda civil.Exemplo destas revoltas Utrera1857, Loja 1861, Montilla 1873 ou Xerez 1892.No s.XX destaca pola súa violencia o Trienio Bolchevique 1918-1920. No N o problema ven dos sistemas de arrendamento, como os foros en Galicia ou a rabassa morta en Cataluña.Os campesiños queren redimir os seus contratos para poder acceder á compra das terras. Nos primeiros trinta anos do s. XX as protestas foron grandes.
Conflictividade na Industria:A mala situación dos obreiros nas fábricas fai que os obreiros reivindiquen melloras de forma moi variada, protestas espontáneas,destruccións, folgas pero sempre sometidos as presións dos patróns e a represión das forzas de seguridade do estado.