25. Cal é o papel do IES de Rodeira?

O centro desempeña o papel de socio de envío: selección de participantes, preparación lingüística e cultural en orixe, xestión da documentación, pagamentos e seguro; titoría, certificación mediante Europass Mobility, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.

A través dos nosos socios podemos organizar aspectos como axuda na organización do aloxamento, recepción, selección de empresas, seguimento e atención a participantes, información a titores, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.