FAQ: resposta ás preguntas habituais
Requisitos do completado
Resposta as preguntas máis habituais.
24. Podo volverme atrás en calquera momento?
É posible renunciar á praza pero hai que tentar evitalo porque pode ser prexudicial para outros candidatos ou para a relación que o IES de Rodeira ten coas empresas.
Quen teña unha praza asignada e non poida desfrutala (por renuncia, por suspender, etc.) e queira solicitala de novo noutra convocatoria, pasará ao final da lista.
Se durante a realización da mobilidade alguén abandona, ten que devolver integramente o diñeiro da bolsa.