21. Hai requisitos xerais no que respecta ao nivel de idiomas?

É recomendable ter un coñecemento mínimo de B1 en inglés e, por suposto, valorarase o coñecemento doutras linguas europeas. O alumno fará unha proba de nivel lingüístico en liña en inglés (ou outro idioma). Cando o nivel da súa avaliación inicial estea por baixo de B2, estará obrigado a realizar un curso de idiomas en liña antes ou durante a súa estadía Erasmus, co fin de mellorar a súa competencia lingüística na lingua europea escollida. Este curso chámase OLS (soporte lingüístico en liña) e será obrigatorio facelo no caso de non obter un nivel B2 na proba inicial; se se acadase o nivel B2 na proba inicial, o curso de idiomas sería opcional. Ao final do curso será obrigatorio realizar a proba de avaliación final, cuxo resultado só será válido para fins estatísticos.