14. En que época do ano podo facer as prácticas Erasmus?

As prácticas internacionais realizaranse, como prioridade, no período comprendido entre marzo e xuño deste curso. No caso de que non se cubra toda a mobilidade neste primeiro período, as restantes bolsas ofreceranse aos estudantes da lista de reserva para a realización de prácticas trimestrais dentro do período comprendido entre setembro e marzo do próximo curso.