FAQ: resposta ás preguntas habituais
Resposta as preguntas máis habituais.
9. Cal é o importe da beca Erasmus para realizar a FCT?
Becas Erasmus+ , convocatoria 2020
En función do país de destino, da mobilidade e da duración da estancia, o apoio individual correspóndese coas cuantías reflexadas nas táboas seguintes:
C.M. FORMACIÓN PROFESIONAL (KA102, ka116)
(1) Importes acordados entre o mínimo e máximo para estudantes entre o primeiro e 14º día. Correspóndese co 55% do máximo indicado na Guía do Programa.
(2) Entre o 15º día de actividade e hasta 12 meses: o 70 % do importe por día por participante especificado na primera columna (1).
C.S. FORMACIÓN PROFESIONAL (KA103)
O importe das axudas dependerá do nivel de vida do país de destino, segundo os tres grupos que se describen a continuación (incrementadas en 100€ por mes ao ser unha mobilidade para realización de prácticas):
Así, por exemplo, para un Ciclo Superior que realice unha FCT de 2 meses e 10 días de duración (o habitual) a realizar en Portugal, percibiría:
(250€+100€) x 2,333 meses = 816,67€ para todo o período da FCT.
AXUDAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA A FCT. 
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional concede unhas axudas económicas para realizar a formación práctica en centros de traballo (FCT ) que poderán percibir os estudantes de Ciclos Superiores e que lle complementarán as axudas da bolsa Erasmus. Para o ano 2020 foron as seguintes:

No entanto, no caso de percibir unha bolsa Erasmus, as contías anteriores percibiranse no 50% do mesmo.
Así, para o noso exemplo do estudante de CS que realiza as FCT en Portugal, ademais dos 816,67€ de Erasmus+, percibiría:
(Contía base + 10 semanas x Contía semanal ) x 50% = (180€ + 10x120€) x 50% = 690€ da axuda de FCT
NOTA: Esta axuda non se cobra inmediatamente, senón que se percibe despois da FCT.