8. Que obrigas teño se son selecionada/o?

Terás os seguintes compromisos: participar nas túas actividades de preparación da mobilidade indicadas pola Comisión, tomar o curso de soporte de linguas OLS se é necesario, participar nas actividades de difusión do programa (Conferencia Erasmus +, informe persoal para a publicación nas redes sociais do programa) e completar a proba do Informe final de mobilidade nun prazo dun mes despois da súa finalización . Así mesmo, pedirémosche que completes e asines os documentos relacionados coa túa mobilidade e que xestiones outros documentos oficiais como a tramitación do seguro de saúde ou a tarxeta sanitaria.