4. Que teño que facer para participar na mobilidade?

Para poder participar na mobilidade, deberás cubrir o formulario de solicitude que aparece como tarefa na AV.  Logo tes que presentar a túa instancia, xunto coa documentación que se che pide para a valoración dos méritos , vía correo electrónico a programaseuropeos.iesrodeira@gmail.com .

Tamén podes pedirllo ao/á teu/túa titor/a ou pórte en contacto co Departamento de Programas Europeos

Na entrevista persoal valorarase a madurez, autonomía e motivación do alumno para realizar as súas prácticas internacionais. Unha vez realizado o proceso de baremación, ordenarase o listado de candidatos segundo a puntuación obtida e as becas dispoñibles ofertaranse na orde de adxudicación. 

A información relativa as solicitudes publicarase no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web.