2. Podo participar no programa Erasmus se son menor de idade?

Claro que sí, aínda que por suposto precisarás do consentimento dos teus pais ou titores/as legais, que deberán asinar parte da documentación. 

Ademais da documentación normal (DNI, pasaporte, seguro, tarxeta sanitaria europea, etc.) precisarás tamén un permiso da Garda Civil a saída de menores ao estranxeiro.

 Por último, no caso de alumnado de FP Básica a Unión Europea financia o acompañamento do alumnado por parte dun profesor ou profesora, tanto na viaxe de ida como na de volta.