Clasificación Decimal Universal (CDU)

Dentro das bibliotecas ten que haber unha orden. A ordenación ten que seguir uns criterios. Existen distintos criterios para facer a clasificación dos fondos das bibliotecas, pero o máis empregado é a CDU (clasificación decimal universal). Segundo a CDU, o coñecemento humano pode dividirse en dez clases:

0. XENERALIDADES

1. FILOSOFÍA

2. RELIXIÓN

3. CIENCIAS SOCIAIS

4. Libre disposición da biblioteca

5. CIENCIAS EXACTAS E NATURAIS

6. CIENCIAS APLICADAS

7. BELAS ARTES, DEPORTES, ESPECTÁCULOS

8. LINGÜÍSTICA,LITERATURA,FILOLOXÍA

9. XEOGRAFÍA,BIOGRAFÍAS,HISTORIA

En cada un destes grupos podemos seguir facendo subgrupos. Así por exemplo, dentro das ciencias exactas e naturais.

51. Matemáticas

52. Astronomía

53. Física. Meteoroloxía

Ou dentro das belas artes:

7(03) Historia da arte

72. Arquitectura

73.Escultura. Cerámica

Anosa biblioteca conta tamén con dúas sección máis: LIX (literatura infantil e xuvenil) e LIJ (literatura infantil y juvenil). Tamén atoparás un recuncho paraas novidades e para todos aqueles libros que son os máis demandados polo alumnado.