Como buscar e atopar libros
| Sitio: | AULA VIRTUAL |
| Curso: | Unha biblioteca na nube |
| Libro: | Como buscar e atopar libros |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 19 de novembro de 2025, 2:41 AM |
Descrición
Rápida explicación da organización da biblioteca para aprender a buscar e atopar calquera libro.
Como buscar?
Seguramente moitas veces ao longo deste e dos vindeiros cursos terás a necesidade de facer uso dos recursos da biblioteca. Os motivos poder ser moi variados: atopar un libro de lectura obrigatoria dunha asignatura, atopar fontes de información para algún traballo, atopar unha lectura para os teus momentos de lecer…
Aínda que na biblioteca atoparás sempre a alguén disposto a axudarte, é importante que sexas autónomo á hora de ATOPAR o que buscas.
Dentro da biblioteca, se botamos unha ollada, veremos que en algúns estantes hai uns carteliños:

Fíxate nestes carteliños. Hai un recadro de cor onde hai un número (ás veces tamén hai letras). Ao lado está a explicación de a que corresponde este número. Este carteliño indícanos que aí poderemos atopar cómics e tebeos.
Clasificación Decimal Universal (CDU)
Dentro das bibliotecas ten que haber unha orden. A ordenación ten que seguir uns criterios. Existen distintos criterios para facer a clasificación dos fondos das bibliotecas, pero o máis empregado é a CDU (clasificación decimal universal). Segundo a CDU, o coñecemento humano pode dividirse en dez clases:
|
51. Matemáticas
52. Astronomía
53. Física. Meteoroloxía
Ou dentro das belas artes:
7(03) Historia da arte
72. Arquitectura
73.Escultura. Cerámica
Anosa biblioteca conta tamén con dúas sección máis: LIX (literatura infantil e xuvenil) e LIJ (literatura infantil y juvenil). Tamén atoparás un recuncho paraas novidades e para todos aqueles libros que son os máis demandados polo alumnado.
Como atopar?
Xa estou na sección axeitada, pero ¿Como localizo o libro que necesito?.
Fíxate que nos lombos dos libros hai unhas etiquetiñas. Dentro está a signatura topográfica que me vai dar unha valiosa información.
É importante saber que os libros están colocados por orde alfabética segundo o primeiro apelido do autor.