Normas xerais

Non hai dúbida de que a palabra biblioteca leva xa implícita a idea de meditación, reflexión, concentración…, é dicir, silencio.

Partindo deste principio, as normas de comportamento nesta aula especial de lectura e traballo están recollidas no chamado “Decálogo para uso e goce da biblioteca” situado na entrada e no interior deste espazo e claramente visible para calquera usuario.

1. Estar calado.

2. Non comer.

3. Non xogar ao parchís, dados, cartas…

4. Volver a colocar os xornais e revistas no seu sitio despois de lelos.

5. Pedir permiso ao profesor/a ou bibliotecario/a para consultar libros durante o recreo.

6. Lembrar que o préstamo de libros para levar a casa só pode facerse durante o recreo, que a súa duración é de quince días e que debe quedar rexistrado.

7. Levar o carné de lector/lectora (ou, no seu defecto, recordar o número).

8. Pedir prórroga se non se pode entregar o libro no prazo establecido.

9. Devolver os libros e demais materiais en bo estado; deixalos sobre a mesa do ordenador principal e observar que queda constancia da súa devolución.

10. Ao rematar o recreo e saír da biblioteca, deixar as mesas e as cadeiras en orde, e o chan sen papeis.

Préstamos: se o profesorado de garda de biblioteca non pode entrar no programa Meiga (circulación: empréstitos/devolucións) para deixar constancia dun préstamo ou dunha devolución, deberá facelo na folla de rexistro. Se o libro solicitado non está aínda rexistrado, entón deberá ser anotado na libreta de préstamos, onde tamén haberá un listado coas fotos do alumnado do centro para, de ser necesario, facilitar a súa identificación.

Ordenadores: ningún alumno poderá utilizar os ordenadores da biblioteca sen previo permiso do profesorado. O seu uso está suxeito a unhas normas e condicións claramente indicadas e expostas nese espazo para facilitar a súa lectura ao alumnado.

Este, ademais, terá que cubrir as follas asignadas a cada ordenador indicando o nome do usuario, o curso, a data, a hora e o profesor que coincida nese recreo. Queda claro que o profesor de garda é o encargado de vixiar o uso adecuado dos ordenadores, e de controlar o abuso de quen o monopolice.

Búsqueda de información e materiais documentais fóra das horas do recreo: será o profesor ou profesora da materia o que deberá facilitar ao alumnado a bibliografía e axudalo persoalmente ou, como mínimo, vixialo nesa tarefa, evitando así que os responsables da biblioteca teñan un traballo engadido que lles impida dedicarse ao seu cometido.

Xogos de mesa: os xogos de mesa utilizaranse nos espazos reservados para tal fin: o hall, no espazo diante da cafetería ou no fondo do segundo andar. Non obstante, seguirán recollidos na biblioteca e devoltos a ela, e sempre co permiso previo dos bedeis ou do profesorado de garda.