Normas de funcionamento
| Sitio: | AULA VIRTUAL |
| Curso: | Unha biblioteca na nube |
| Libro: | Normas de funcionamento |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | mércores, 19 de novembro de 2025, 8:26 AM |
Descrición
A biblioteca é un espazo de traballo, lectura e préstamo de libros e demais fondos bibliográficos ao servizo de todos os membros da comunidade educativa.
Horario
A biblioteca permanecerá aberta durante os recreos e vixiada por un docente de garda quen, ademais de manter a orde e o silencio, ten a obriga de facilitar os libros, DVDs… para o préstamo, deixalos rexistrados, recoller os materiais devoltos e vixiar o bo uso dos ordenadores.A relación do profesorado de garda de biblioteca estará colocada na porta de acceso á mesma.
Durante as horas lectivas a biblioteca estará dispoñible sempre e cando haxa un membro do equipo de dinamización da biblioteca que teña a ben facilitar información ou deixar en préstamo periódicos, revistas, dicionarios, libros de lectura… que demande calquera profesor para a súa aula a través dun
alumno co compromiso de devolución antes de finalizar a súa clase.
Así mesmo, como é natural, todos os docentes do centro poderán utilizar a biblioteca como aula ou lugar de traballo para o seu grupo de alumnos responsabilizándose do seu uso.
De haber alumnado de segundo de bacharelato ou ESA con materias pendentes que teñan horas libres en horario lectivo, a biblioteca estará aberta para eles sempre que o precisen e non impidan o desenvolvemento normal das actividades que se estean a facer e, por suposto, cumpran as normas establecidas. O profesorado que opte por dar a súa materia na biblioteca terá liberdade para solicitar a súa retirada.
Normas xerais
Non hai dúbida de que a palabra biblioteca leva xa implícita a idea de meditación, reflexión, concentración…, é dicir, silencio.
Partindo deste principio, as normas de comportamento nesta aula especial de lectura e traballo están recollidas no chamado “Decálogo para uso e goce da biblioteca” situado na entrada e no interior deste espazo e claramente visible para calquera usuario.
1. Estar calado.
2. Non comer.
3. Non xogar ao parchís, dados, cartas…
4. Volver a colocar os xornais e revistas no seu sitio despois de lelos.
5. Pedir permiso ao profesor/a ou bibliotecario/a para consultar libros durante o recreo.
6. Lembrar que o préstamo de libros para levar a casa só pode facerse durante o recreo, que a súa duración é de quince días e que debe quedar rexistrado.
7. Levar o carné de lector/lectora (ou, no seu defecto, recordar o número).
8. Pedir prórroga se non se pode entregar o libro no prazo establecido.
9. Devolver os libros e demais materiais en bo estado; deixalos sobre a mesa do ordenador principal e observar que queda constancia da súa devolución.
10. Ao rematar o recreo e saír da biblioteca, deixar as mesas e as cadeiras en orde, e o chan sen papeis.
Préstamos: se o profesorado de garda de biblioteca non pode entrar no programa Meiga (circulación: empréstitos/devolucións) para deixar constancia dun préstamo ou dunha devolución, deberá facelo na folla de rexistro. Se o libro solicitado non está aínda rexistrado, entón deberá ser anotado na libreta de préstamos, onde tamén haberá un listado coas fotos do alumnado do centro para, de ser necesario, facilitar a súa identificación.
Ordenadores: ningún alumno poderá utilizar os ordenadores da biblioteca sen previo permiso do profesorado. O seu uso está suxeito a unhas normas e condicións claramente indicadas e expostas nese espazo para facilitar a súa lectura ao alumnado.
Este, ademais, terá que cubrir as follas asignadas a cada ordenador indicando o nome do usuario, o curso, a data, a hora e o profesor que coincida nese recreo. Queda claro que o profesor de garda é o encargado de vixiar o uso adecuado dos ordenadores, e de controlar o abuso de quen o monopolice.
Búsqueda de información e materiais documentais fóra das horas do recreo: será o profesor ou profesora da materia o que deberá facilitar ao alumnado a bibliografía e axudalo persoalmente ou, como mínimo, vixialo nesa tarefa, evitando así que os responsables da biblioteca teñan un traballo engadido que lles impida dedicarse ao seu cometido.
Xogos de mesa: os xogos de mesa utilizaranse nos espazos reservados para tal fin: o hall, no espazo diante da cafetería ou no fondo do segundo andar. Non obstante, seguirán recollidos na biblioteca e devoltos a ela, e sempre co permiso previo dos bedeis ou do profesorado de garda.
Coidado dos fondos bibliográficos
O profesorado encargado da biblioteca debe vixiar e controlar o listado de préstamos e devolucións como mínimo unha vez ao finalizar cada trimestre.No caso de que a demora nas devolucións sexa unha constante nalgún alumno/a, este será amoestado e privado da posibilidade de préstamo durante o tempo que estipule conveniente o equipo de profesores asociados á biblioteca.
No caso extremo de non devolución por perda, esquecemento ou desinterese, ou de deterioro non xustificable, o alumno deberá mercar outro exemplar novo. Para esta eventualidade, enviarase previamente por correo unha notificación aos pais ou titores do alumno de acordo cun modelo prefixado.
Uso dos ordenadores da biblioteca
Os ordenadores da biblioteca só se poderán empregar con permiso dun profesor e na súa presenza.Para usar os ordenadores o alumnado deberá cumprimentar integramente a folla de utilización indicando. nº de ordenador, hora de comezo, nome, apelidos, curso e grupo, profesor/a acompañante e sinatura do alumno/a.
O uso dos ordenadores limitarase única e exclusivamente á realización de traballos e busca de información académica.
Por razóns organizativas ou outras debidamente xustificadas, de forma excepcional, poderá limitarse parcial ou totalmente por un tempo determinado o uso diario dos ordenadores.
Como máximo haberá dous alumnos por ordenador.
Queda terminantemente prohibida a instalación de programas e aplicacións ou calquera modificación da configuración dos ordenadores por parte dos usuarios.
Para descargar ficheiros de Internet deberase pedir permiso á persoa encargada da Biblioteca.
Non se deixarán arquivos no disco duro dos ordenadores. Os alumnos empregarán chaves USB, DVD ou calquera outro método de almacenamento pertinente para almacenar os arquivos.
Para escoitar música ou calquera arquivo que conteña son, o alumno ou alumna deberá empregar auriculares propios.
Se houber moita demanda dos ordenadores, realizarase un cadro de reservas de uso onde o alumnado poderán apuntarse previamente.
O usuario faise responsable dos danos que puidese ocasionar ao equipo por un uso indebido do mesmo.
O usuario que estea utilizando o ordenador deberá asegurarse de que quede totalmente apagado cando remate a sesión lectiva (hora de clase ou recreo).
O incumprimento dalgunha destas normas, así como o uso indebido do mesmo por parte dalgún usuario, poderá supoñer a adopción das medidas sancionadoras e correctivas pertinentes.