Section outline
-
Aínda podedes solicitar beca ata o 30 de maio.
-

Rapazada, chega o momento de pedir beca. Tendes de prazo dende hoxe 24 de marzo de 2025 ata o 14 de maio ás 15:00.
- Sede electrónica. Primeiramente debes acceder á sede electrónica. Para acceder por primeira vez, debes rexistrarte. Precisas ter a man: DNI/NIE de todos os familiares que conviven contigo no domicilio familiar + IBAN da túa conta bancaria (se non tes, debes abrir unha) + certificado de discapacidade e certificado de familia numerosa (se é o caso).
- Información becas non universitarias.
- Vídeos explicativos(sede electrónica, problema contrasinais, modificación datos na sede electrónica).
- Preguntas frecuentes. Resolve as túas dúbidas aquí.
- A túa beca en nove pasos. Lembra revisar as notificacións da sede unha vez á semana.
- Video explicativo youtuber
- MOI IMPORTANTE: en setembro terás un prazo para modificar os datos académicos se fose o caso (cambio de centro, de estudos,...)
-

Bota unha ollada á oferta de campamentos. Hainos dentro e fóra de Galicia, artísticos, medioambientais, deportivos, musicais, etc. Hai unha chea de opcións, debes coñecelas para facer a solicitude porque debes expresar as túas preferencias.
Consulta tamén as datas e prezos. Lembra que ter carné de familia numerosa ou carné xoven permite obter descontos.
A adxudicación dos campamentos será por sorteo.
O prazo de solicitude é do 17 ao 30 de abril.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: sede.xunta.gal
Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.
Códigos dos procedementos para o buscador da Sede (segundo o tipo de solicitude):
ANEXO II -Solicitude individual. Procedemento xeral: CÓDIGO BS303A
ANEXO III- Solicitude múltiple. Procedemento xeral: CÓDIGO BS303F
ANEXO IV-Solicitude individual. Procedemento de prazas reservadas para inclusión: CÓDIGO BS303G
ANEXO V- Solicitude múltiple. Procedemento de prazas reservadas para inclusión: CÓDIGO BS303H -
- Quién solicita la beca?
- Cuál es el plazo?
- Qué preciso tener a mano:
- DNI de todos las personas que forman la unidad familiar
- IBAN de una cuenta en la que figures como titular
- Certificado de discapacidad, si es el caso
- Certificado de familia numerosa, si es el caso
- El teléfono para activación de cuentas
- Un correo que utilices
- Qué requisitos debes cumplir? Debes cumplir requisitos generales, académicos y económicos.
- Quién solicita la beca?
Si necesitas que te ayude pide cita y ven con tu padre, madre o tutor/a legal.
-
Se queres saber:
Como chegar a ser bombeiro/a
Que ciclos hai na comarca
Coñecer a un premio Goya
E se hai profesións de homes e mulleres…
Entón non te podes perder a Semana das Profesións. Ven rapidiño ao salón de actos, porque ex alumnos e outros profesionais teñen o tempo xusto para contarvos unha chega de experiencias.
-

Se queres coñecer todas as novidades de educación e xuventude, incluso cando remates no centro, ademáis da aula virtual podes:
-Consultar a sección de orientación da web do centro
-Seguir o canal de whatsapp de piensosientosoy (non se comparten datos)
-Seguir o canal de telegram de piensosientosoy
-Seguir a páxina de facebook de piensosientosoy
-Consultar os enlaces da barra da esquerda do blog piensosientosoy
-

Se queres contactar conmigo podes:
- pasar nalgún recreo ou hora libre
- escribirme ao correo: maria.ysabelcalvo@edu.xunta.gal
- chamar ao centro e preguntar por min: 881 938 2000
- avisar ao teu titor ou titora.
