-
Biblioteca
-
Normas de funcionamento
A biblioteca é un espazo de traballo, lectura e préstamo de libros e demais fondos bibliográficos ao servizo de todos os membros da comunidade educativa.
Horario
A biblioteca permanecerá aberta durante os recreos e vixiada por un docente de garda quen, ademais de manter a orde e o silencio, ten a obriga de facilitar os libros, DVDs… para o préstamo, deixalos rexistrados, recoller os materiais devoltos e vixiar o bo uso dos ordenadores.
Durante as horas lectivas a biblioteca estará dispoñible sempre e cando haxa un membro do equipo de dinamización da biblioteca que teña a ben facilitar información ou deixar en préstamo periódicos, revistas, dicionarios, libros de lectura… que demande calquera profesor para a súa aula a través dun alumno co compromiso de devolución antes de finalizar a súa clase.
Así mesmo, como é natural, todos os docentes do centro poderán utilizar a biblioteca como aula ou lugar de traballo para o seu grupo de alumnos responsabilizándose do seu uso.
De haber alumnado de segundo de bacharelato con materias pendentes que teñan horas libres en horario lectivo, a biblioteca estará aberta para eles sempre que o precisen e non impidan o desenvolvemento normal das actividades que se estean a facer e, por suposto, cumpran as normas establecidas.
Normas xerais
Non hai dúbida de que a palabra biblioteca leva xa implícita a idea de meditación, reflexión, concentración…, é dicir, de silencio.
Partindo deste principio, as normas de comportamento nesta aula especial de lectura e traballo son:
- Manter un ambiente o máis silencioso posible.
- Volver a colocar os libros, os xornais ou as revistas no seu sitio despois de lelos.
- O préstamo de libros para levar a casa só pode facerse durante o recreo.
- Levar o carné de lector/lectora (ou, no seu defecto, recordar o número).
- A duración do préstamo é de quince días e debe quedar rexistrado obrigatoriamente.
- Pedir prórroga se non se pode entregar o libro no prazo establecido, agás se son libros de lectura obrigatoria.
- A duración do préstamo de libros de lectura obrigatoria é de 15 días e non hai prórroga para que todos os lectores teñan a oportunidade de levalos en préstamo.
- Devolver os libros e demais materiais en bo estado; deixalos sobre o mostrados principal (ou na caixa da entrada no caso de estar cerrada a biblioteca) e comprobar que queda constancia da súa devolución.
- Ao rematar o recreo e saír da biblioteca, deixar as mesas e as cadeiras en orde, e o chan sen papeis.

Préstamos: se o profesorado de garda de biblioteca non pode entrar no programa Meiga (circulación: empréstitos/devolucións) para deixar constancia dun préstamo ou dunha devolución, deberá facelo na folla de rexistro.
Búsqueda de información e materiais documentais fóra das horas do recreo: será o profesor ou profesora da materia o que deberá facilitar ao alumnado a bibliografía e axudalo persoalmente ou, como mínimo, vixialo nesa tarefa.
Coidado dos fondos bibliográficos
O profesorado encargado da biblioteca debe vixiar e controlar o listado de préstamos e devolucións como mínimo unha vez ao finalizar cada trimestre.
No caso de que a demora nas devolucións sexa unha constante nalgún alumno/a, este será amoestado e privado da posibilidade de préstamo durante o tempo que estipule conveniente o equipo de profesores asociados á biblioteca.
No caso extremo de non devolución por perda, esquecemento ou desinterese, ou de deterioro non xustificable, o alumno deberá mercar outro exemplar novo. Para esta eventualidade, enviarase previamente por correo unha notificación aos pais ou titores do alumno de acordo cun modelo prefixado.
Uso dos ordenadores da biblioteca
- Os ordenadores da biblioteca só se poderán empregar na presenza dun profrsor.
- O uso dos ordenadores limitarase única e exclusivamente á realización de traballos e busca de información académica.
- Por razóns organizativas ou outras debidamente xustificadas, de forma excepcional, poderá limitarse parcial ou totalmente por un tempo determinado o uso diario dos ordenadores.
- Como máximo haberá dous alumnos por ordenador.
- Queda terminantemente prohibida a instalación de programas e aplicacións ou calquera modificación da configuración dos ordenadores por parte dos usuarios.
- Para descargar ficheiros de Internet deberase pedir permiso á persoa encargada da Biblioteca.
- Non se deixarán arquivos no disco duro dos ordenadores.
- Para escoitar música ou calquera arquivo que conteña son, o alumno ou alumna deberá empregar auriculares propios.
- O usuario faise responsable dos danos que puidese ocasionar ao equipo por un uso indebido do mesmo.
- O usuario que estea utilizando o ordenador deberá asegurarse de que quede totalmente apagado cando remate a sesión lectiva (hora de clase ou recreo).
- O incumprimento dalgunha destas normas, así como o uso indebido do mesmo por parte dalgún usuario, poderá supoñer a adopción das medidas sancionadoras e correctivas pertinentes.
-
Como buscar e atopar libros
Rápida explicación da organización da biblioteca para aprender a buscar e atopar calquera libro.Como buscar?
A nosa biblioteca conta tamén con dúas sección máis: LIX (literatura infantil e xuvenil) e LIJ (literatura infantil y juvenil), onde atoparás as lecturas máis demendadas.Seguramente moitas veces ao longo deste e dos vindeiros cursos terás a necesidade de facer uso dos recursos da biblioteca. Os motivos poder ser moi variados: atopar un libro de lectura obrigatoria dunha asignatura, atopar fontes de información para algún traballo, atopar unha lectura para os teus momentos de lecer…
Aínda que na biblioteca atoparás sempre a alguén disposto a axudarte, é importante que sexas autónomo á hora de ATOPAR o que buscas.
Para atopar os libros de lectura obrigatoria das materias de galego e castelán, só terás que achegarte ao mostrador e á súa dereita atoparás unha estantería (debaixo das novidades) na que aparece o listado de lecturas obrigatorias e estas están ordenadas por curso. 
Dentro da biblioteca, se botamos unha ollada, veremos que en algúns estantes hai uns carteliños:

Fíxate: Hai un número (ás veces tamén hai letras). Ao lado está a explicación de a que corresponde este número. Este carteliño indícanos que aí poderemos atopar libros da materia de Ciencias Naturais.
É probable que non saibamos a CDU (Clasificación Decimal Universal) de cada materia por iso detrás da porta de entrada temos un carteliño coas CDU.
Dentro das bibliotecas ten que haber unha orden. A ordenación ten que seguir uns criterios. Existen distintos criterios para facer a clasificación dos fondos das bibliotecas, pero o máis empregado é a CDU (clasificación decimal universal). Segundo a CDU, o coñecemento humano pode dividirse en dez clases:

En cada un destes grupos podemos seguir facendo subgrupos. Así por exemplo, dentro das ciencias exactas e naturais.0. XENERALIDADES
1. FILOSOFÍA
2. RELIXIÓN
3. CIENCIAS SOCIAIS
4. Libre disposición da biblioteca (LIJ e LIX)
5. CIENCIAS EXACTAS E NATURAIS
6. CIENCIAS APLICADAS
7. BELAS ARTES, DEPORTES, ESPECTÁCULOS
8. LINGÜÍSTICA,LITERATURA,FILOLOXÍA
9. XEOGRAFÍA,BIOGRAFÍAS,HISTORIA
52. Astronomía 53. Física

-
-
Biblioteca