Portas Abertas Virtual da Universidade VIGO 20-23 abril 2026
A vindeira semana, entre o 20 e o 23 de abril terá lugar a Semana de Portas Abertas Virtual na Universidade de Vigo. Serán 4 días durante os que vos daremos a coñecer os graos que conforman a oferta académica da Universidade de Vigo e resolveremos dúbidas concretas que poidan xurdir durante as presentacións. Será profesorado das diferentes titulacións quen fará as exposicións e atenderá as vosas cuestións para contribuír a definir o futuro académico do alumnado segundo os seguintes itinerarios académicos:
- Luns 20: Artes e Humanidades + Educación
- Martes 21: Xurídico-Social
- Mércores 22: Ciencias e Ciencias da Saúde
- Xoves 23: Enxeñarías
Para participar nesta actividade agradecemos a vosa colaboración establecendo a conexión dende as vosas aulas; só é necesario premer nas ligazóns “Campus Remoto” indicadas para cada facultade/escola no programa publicado na web e escribir o nome do voso IES no apartado de “Acceso estudantado” unha vez teñades accedido á sala virtual correspondente. Ademais, se difundides esta información entre o voso alumnado, tamén se poderán conectar de maneira individual, se así o precisan.
Máis información:
Área Captación de Alumnado
986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal