2º BAC
Section outline
-
-
A vindeira semana, entre o 20 e o 23 de abril terá lugar a Semana de Portas Abertas Virtual na Universidade de Vigo. Serán 4 días durante os que vos daremos a coñecer os graos que conforman a oferta académica da Universidade de Vigo e resolveremos dúbidas concretas que poidan xurdir durante as presentacións. Será profesorado das diferentes titulacións quen fará as exposicións e atenderá as vosas cuestións para contribuír a definir o futuro académico do alumnado segundo os seguintes itinerarios académicos:
- Luns 20: Artes e Humanidades + Educación
- Martes 21: Xurídico-Social
- Mércores 22: Ciencias e Ciencias da Saúde
- Xoves 23: Enxeñarías
Para participar nesta actividade agradecemos a vosa colaboración establecendo a conexión dende as vosas aulas; só é necesario premer nas ligazóns “Campus Remoto” indicadas para cada facultade/escola no programa publicado na web e escribir o nome do voso IES no apartado de “Acceso estudantado” unha vez teñades accedido á sala virtual correspondente. Ademais, se difundides esta información entre o voso alumnado, tamén se poderán conectar de maneira individual, se así o precisan.
Máis información:
Área Captación de Alumnado
986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal -
Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 13 e 14 de abril. Os mesmos teñen como obxectivo dar resposta para que o futuro estudante poida coñecer mellor as titulacións e servizos que oferta a USC. Están dirixidos moi especialmente ao estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Superior e de 4º de ESO.
Moitas das videoconferencias terán lugar en horario de mañá e algunhas tamén de tarde para facilitar a conexión do estudantado.
Ademais das videoconferencias dos Graos poderán conectarse coa Oficina de Información Universitaria, o Servizo de Residencias, Proceso de Preinscrición e Matrícula...Xa temos actualizada a web con todas as videoconferencias dos Encontros Virtuais na Zona USC que terán lugar os días 13 e 14 de abril
No lateral dereiro da ligazón Ligazón ao Cronograma tedes un cronograma cos horarios de todas as videoconferencias dos Graos da USC.
A páxina de acceso ós encontros para acceder a cada videoconferencia é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Na mesma, para cada estudo de Grao, haberá unha ligazón a unha videoconferencia, coa data e hora na que terá lugar, que estará atendida por profesorado do centro. O estudantado poderá facer as súas consultas intervindo na mesma ou, se o prefire, utilizando o chat. Non tendo que intervir necesariamente se non o desexa. -
Orientador@s de diferentes centros educativos públicos sinalados a continuación, creamos este blogue para poñer a disposición da comunidade educativa información sobre as diferentes opcións académicas e profesionais