Skip to main content
av Inicio
  • Home
  • Calendar
  • More
English ‎(en)‎
English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
You are currently using guest access
Log in
av Inicio
Home Calendar
Expand all Collapse all
  1. Orienta
  2. 2º BAC
  3. Portas Abertas Virtual da Universidade VIGO 20-23 abril 2026

Portas Abertas Virtual da Universidade VIGO 20-23 abril 2026

Completion requirements

A vindeira semana, entre o 20 e o 23 de abril  terá lugar a Semana de Portas Abertas Virtual na Universidade de Vigo. Serán 4 días durante os que vos daremos a coñecer os graos que conforman a oferta académica da Universidade de Vigo e resolveremos dúbidas concretas que poidan xurdir durante as presentacións. Será profesorado das diferentes titulacións quen fará as exposicións e atenderá as vosas cuestións para contribuír a definir o futuro académico do alumnado segundo os seguintes itinerarios académicos:

 

  • Luns 20: Artes e Humanidades + Educación
  • Martes 21: Xurídico-Social
  • Mércores 22: Ciencias e Ciencias da Saúde
  • Xoves 23: Enxeñarías

 

Para participar nesta actividade agradecemos a vosa colaboración establecendo a conexión dende as vosas aulas; só é necesario premer nas ligazóns “Campus Remoto” indicadas para cada facultade/escola no programa publicado na web e escribir o nome do voso IES no apartado de “Acceso estudantado” unha vez teñades accedido á sala virtual correspondente. Ademais, se difundides esta información entre o voso alumnado, tamén se poderán conectar de maneira individual, se así o precisan.

 

Máis información:
Área Captación de Alumnado
986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.gal

 

Click on Portas Abertas Virtual da Universidade VIGO 20-23 abril 2026 to open the resource.
You are currently using guest access (Log in)
Data retention summary
Policies
Get the mobile app
Powered by Moodle