RETOS PARA O MES DE MAIO
Espero que vós e as vosas familias esteades todos ben. Como xa sabedes seguimos de corentena e non sabemos con seguridade se imos xuntarmos de novo neste curso. Polo que intentaremos manternos comunicados neste terceiro trimestre pola aula virtual de cuarto da eso, por correo electrónico e pola miña sala persoal da plataforma de Cisco Webex,
A calificación final da asignatura de educación física dependerá da avaliación dos contidos impartidos ata a data de suspensión das clases. Podendo mellorar a nota coa realización das actividades propostas para este trimestre. Propóñovos cinco retos a realizar nestas semanas de confinamento.
Empezamos cos malabares.
En primeiro lugar confeccionaremos tres, catro ou cinco pelotas de malabares con globos e arroz e logo pasaremos a práctica diaria.No caso de non poder conseguir os globos tendes outras opcións, calcetins, pezas de froita, bolas de papel....
Tendes un par de enlaces de progresión de malabares. Podedes buscar outros para visionar e practicar.
Podedes enviar a gravación da vosa progresión ata o cinco de maio, por WeTransfer ou Drive. De un minuto de duración.
Ánimo