Section outline

    • RETO DOS 21 DÍAS DE ADESTRAMENTO NA CASA

      Dende o departamento de educación física, ante a suspensión de toda actividade lectiva en todos os centros de ensino, con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19, propón o reto de 21 días de adestramento na casa.

    • Opción A: Realizar durante 21 días unha sesión de yoga para principiantes. É moi sinxelo seguir as sesións, se queres máis nivel podes buscar sesións de yoga de Yuan Lan, tendrás todos os niveis na súa páxina web.

    • Opción B: 21 días de adestramento en casa, hai moitas aplicacións é vídeos, con adestramentos dende moi sinxelo ata avanzado, non podedes parar.

    •           RETOS PARA O MES DE MAIO

      Espero que vós e as vosas familias esteades todos ben. Como xa sabedes seguimos de corentena e non sabemos con seguridade se imos xuntarmos de novo neste curso. Polo que intentaremos manternos comunicados neste terceiro trimestre pola aula virtual de cuarto da eso, por correo electrónico e pola miña sala persoal da plataforma de Cisco Webex,

      A calificación final da asignatura de educación física dependerá da avaliación dos contidos impartidos ata a data de suspensión das clases. Podendo mellorar a nota coa realización das actividades propostas para este trimestre. Propóñovos cinco retos a realizar nestas semanas de confinamento.

      Empezamos cos malabares.

      En primeiro lugar confeccionaremos tres, catro ou cinco pelotas de malabares con globos e arroz e logo pasaremos a práctica diaria.No caso de non poder conseguir os globos tendes outras opcións, calcetins, pezas de froita, bolas de papel....

      Tendes  un par de enlaces de progresión de malabares. Podedes buscar outros para visionar e practicar.

      Podedes enviar a gravación da vosa progresión ata o cinco de maio, por WeTransfer ou Drive. De un minuto de duración.

      Ánimo

    • MALABARES

    •                                                                    

                                          SALTO A CORDA

      Neste segundo reto os propoño traballar sobre as habilidades do salto a corda.

      Durante os próximos 15 días practicaredes diferentes destrezas do salto a corda. Vos  recomendo gravar a progresión todos os días dez segundos de cada entreno.

      Ata o día 26 de maio podedes enviar as vosas  maestrías. Nunha gravación dun minuto e medio como máximo de duración.

      Cada un dos retos propostos poderan engadir ata un punto  a media da cualificación das dúas primeiras avaliacións. Sempre e cando as ejecucións dos retos o merezan.

      Espero as vosas grabacións.

      Ánimo.

    •                                               ÚLTIMO RETO

      CIRCUITO FUNCIONAL

      Gravar un circuíto funcional:

      • 10 estacións
      • 10 segundos por estación.
      • Duración total do circuito 1 minuto.
      • Exercicios obrigatorios: sentadillas, planchas , flexións, xeonllos o peito e burpee.

      Tendes de prazo ata o 5 de xuño.

      Os que aínda non mandastes os retos dos malabares e os saltos a corda tendes un novo prazo ata o 5 de xuño.

      Ánimo