Igualadas
From: Carme Vilas <carme.vilas@igualadas.es>
To: undisclosed-recipients:;
Cc:
Bcc:
Date: Mon, 23 May 2022 07:44:41 +0200
Subject: Propostas de Igualadas
Bos días,
son Carmen Vilas, educadora e axente de igualdade de IGUALADAS Consultoría e Formación.
Póñome en contacto convosco porque me gustaría que nos coñezades. Levamos a cabo proxectos educativos en comunidades escolares, con crianzas, adolescentes e as súas familias en materia de igualdade, prevención e rexeitamento de violencias discriminatorias, educación afectivo-sexual, prevención do acoso escolar e ciberbullying, promoción do bo uso das tecnoloxías e prevención de condutas aditivas.
En IGUALADAS estamos xa pechando as últimas formacións deste curso ó tempo que planificamos o que vén con moito optimismo. Por iso vos facemos chegar un dossier con algunhas das nosas propostas para levar a cabo nos centros educativos de secundaria. Se tedes interese nalgunha, estamos á vosa disposición para explicárvola, adaptala ó voso centro ou deseñar calquera outra actividade á vosa medida.
Podedes saber máis de nós a través da nosa páxina web ou nas redes sociais (Instagram, Facebook e LinkedIn), así como poñéndovos en contacto connosco directamente.
Moitas grazas pola atención e que pasedes un moi bo final de curso!
Saúdos,