Anuncios

Proba de evaluación XOVES 5 FEBREIRO

Proba de evaluación XOVES 5 FEBREIRO

by Martín Montoto Fernández -
Number of replies: 0

Hola, quería informarvos do estado de avaliación da materia e da tarefa de avaliación da próxima semana.

A unidade didáctica 1 está evaluada mediante as tarefas que entregou o alumnado, que aparecen na sección de desa unidade. Contei un total de tres actividades, cinco tests e tres prácticas. Ademáis, conto como tarefas de avaliación as dúas tarefas e os dous tests da unidade dous que fixestes previos á miña chegada.

En canto á semana seguinte faremos unha proba o día xoves 5 de febreiro. Nesta avaliaranse os contidos que traballamos na clase dende xaneiro, da unidade didáctica 2.

Contidos.

C2.1 - Taxonomía de incidentes de ciberseguridade.

C2.2 - Controis, ferramentas e mecanismos de monitorización, identificación, detección e alerta de incidentes: tipos e fontes.

Criterios de avaliación.

CA2.1 - Clasificouse e definiuse a taxonomía de incidentes de ciberseguridade que poden afectar a organización.

CA2.2 - Establecéronse controis, ferramentas e mecanismos de monitorización, identificación, detección e alerta de incidentes.

Forma da proba

Nesta proba verificarase que o alumnado ten destrezas respecto a taxonomía de incidentes (identifica e asigna) e respecto o funcionamento do SIEM ElasticStack (propósito da ferramenta e funcionamento).

Estado da unidade.
Esta unidade aínda non está totalmente avaliada, quedan pendentes tres criterios de avaliación.