Hola, quería informarvos do estado de avaliación da materia e da tarefa de avaliación da próxima semana.
A unidade didáctica 1 está evaluada mediante as tarefas que entregou o alumnado, que aparecen na sección de desa unidade. Contei un total de tres actividades, cinco tests e tres prácticas. Ademáis, conto como tarefas de avaliación as dúas tarefas e os dous tests da unidade dous que fixestes previos á miña chegada.
En canto á semana seguinte faremos unha proba o día xoves 5 de febreiro. Nesta avaliaranse os contidos que traballamos na clase dende xaneiro, da unidade didáctica 2.
Contidos.
C2.1 - Taxonomía de incidentes de ciberseguridade.
C2.2 - Controis, ferramentas e mecanismos de monitorización, identificación, detección e alerta de incidentes: tipos e fontes.
Criterios de avaliación.
CA2.1 - Clasificouse e definiuse a taxonomía de incidentes de ciberseguridade que poden afectar a organización.
CA2.2 - Establecéronse controis, ferramentas e mecanismos de monitorización, identificación, detección e alerta de incidentes.
Forma da proba
Nesta proba verificarase que o alumnado ten destrezas respecto a taxonomía de incidentes (identifica e asigna) e respecto o funcionamento do SIEM ElasticStack (propósito da ferramenta e funcionamento).
Estado da unidade.
Esta unidade aínda non está totalmente avaliada, quedan pendentes tres criterios de avaliación.