O alumnado con Cultura clásica de 3º ESO pendente deberá facer as actividades establecidas polo Departamento de Grego. A entrega de todas as actividades nas datas fixadas suporá a recuperación desta materia.
No caso de non ter entregadas todas ou algunhas das actividades, o alumnado deberá examinarse de toda ou parte da materia o día establecido polo Centro.
O alumnado será convocado a unha reunión para explicarlle o procedemento de seguimento e recuperación da pendente. Asemade, poderá preguntar dúbidas os martes de 11.00 h. a 11.25 h.
Data de entrega das actividades:
- Tema 1, 2 e 3: 25 de novembro (martes)
- Tema 4, 5, 6: 3 de febreiro (martes)
- Tema 7, 8 e 9: 7 de abril (martes)
- Profesor/a: Guadalupe Vilar Bernárdez