Freemake Video Converter

É unha aplicación freeware, no cartafol de recursos tes o arquivo de instalación. Ten moito coidado ó instalala, cando a instales selecciona a opción da imaxe (do contrario instalarache elementos "molestos"):

paso1

No seguinte paso DESMARCA a opción sinalada nesta imaxe:

paso2

Por último, selecciona os compoñentes da imaxe (podes pasar de instalar o "Microsoft .NET framework" de Windows se tes unha versión superior a XP).

paso3

 

O funcionamento da aplicación é moi intuitivo. Únicamente haberá que seleccionar o vídeo do que queremos modificar o formato e o formato de saída.