10. Poema

Grávate lendo o seguinte poema:

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.

 

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envolveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.

 

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

 

Desorballando os prados coma sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco o Outono.

¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

 

“Penélope” de Díaz Castro

 

Pon de fondo o audio "piano_violin.mp3" do cartafol "recursos_practicas".

 

Garda o resultado como "p09.mp3".