Moodle é un "xestor da aprendizaxe" que utiliza a nosa aula virtual. Permite crear cursos nos que colgar recursos (ligazóns a sitios web, PDFs con apuntes, ...). Podemos tamén crear actividades para que os alumnos nos envíen exercicios, crear enquisas, foros, ...
Esta páxina que estás a consultar é un curso Moodle aberto (a el pode acceder calquera persoa estea rexistrada ou non). Os cursos tamén poden ser pechados (para que só poidan acceder os usuarios rexistrados cunha contrasinal) ou semipechados (para persoas non rexistradas pero que posúan unha contrasinal).
Se colgas material con dereitos de autor ou creas actividades para que os alumnos che envíen traballos recoméndoche que os fagas pechados (ademáis así poderás saber que fai o alumnado, se consulta a información ou non, etc.).
Coppermine permite subir imaxes para compartir na rede: fotos dunha excursión, dunha actividade na aula, etc.
Pódese crear unha conta de usuario para subir as fotos, en bloques de 10, pero resulta un tanto engorroso. Se tedes fotos dunha actividade que queredes subir podedes enviarmas comprimidas á dirección de correo: iescastelao@gmail.com e encargareime de subilas.
De todos modos, se o desexades, pódovos dar de alta como usuarios para que as subades vos.
Son aplicativos que nos permiten crear e publicar materiais educativos en formato dixital (cuestionarios, emparellados, crebacabezas, ...) sen que sexa preciso ter coñecementos de programación ou linguaxe HTML.
"made in house" podes ver algunhas das súas características.
- eXeLearning Estase a fomentar o seu uso dende o Ministerio algunhas Consellerías como a nosa posto que permite crear recursos educativos atractivos con relativa facilidade. Iso sí, é necesario adicarlle unhas horiñas para familiarizarse co seu uso.
Aquí van algúns exemplos de materiais creados con esta ferramenta:
Ademais do titorial anterior, o proxecto educativo Aíovai elaborou este outro titorial no que podes comprobar algunhas das características desta interesante ferramenta.