Moodle é un "xestor da aprendizaxe" que utiliza a nosa aula virtual. Permite crear cursos nos que colgar recursos (ligazóns a sitios web, PDFs con apuntes, ...). Podemos tamén crear actividades para que os alumnos nos envíen exercicios, crear enquisas, foros, ...
Esta páxina que estás a consultar é un curso Moodle aberto (a el pode acceder calquera persoa estea rexistrada ou non). Os cursos tamén poden ser pechados (para que só poidan acceder os usuarios rexistrados cunha contrasinal) ou semipechados (para persoas non rexistradas pero que posúan unha contrasinal).
Se colgas material con dereitos de autor ou creas actividades para que os alumnos che envíen traballos recoméndoche que os fagas pechados (ademáis así poderás saber que fai o alumnado, se consulta a información ou non, etc.).