Section outline

  • EDICIÓN E PUBLICACIÓN DE CONTIDOS EN DRUPAL
    drupal
    • O proxecto Webs Dinámicas dispón dunha aula virtual con excelente documentación sobre o funcionamento de Drupal. Neste apartado incluímos pequenas aportacións que poden axudar a complementar a información anterior. Para comezar aquí tedes este vídeo no que se realiza unha introdución a Drupal. Observade a diferencia de aspecto entre a páxina do noso IES a comezos de curso e o actual.



      A PÁXINA DO CENTRO EDUCATIVO

      Aloxamos os contidos na páxina "dinámica" do centro. No noso caso está aloxada na dirección: http://www.edu.xunta.gal/centros/iescastelaovigo

      Que sexa "dinámico" significa, simplificando, que nunha vez que se acceda co usuario e contrasinal poderanse crear artigos con textos, imaxes e/ou vídeos directamente online, sen ter que saber nada de linguaxes html, estilos, etc.

      Todos os centros de Galicia teñen unha páxina Drupal á súa disposición aloxada nos servidores da Xunta. Algúns centros, como actualmente o noso, manteñen todavía en uso a páxina “antiga” ainda que a tendencia é que se use só a dinámica. Tamén hai centros que compran un dominio e aloxamento propios e digamos que “van por libre”, pero son os menos.

      En sitios web como o que nos ocupa non precisamos que pedirlle a ninguén “súbeme isto ou aquilo”. Unha vez que cada usuario teña soltura na creación de artigos poderá crear artigos dende un PC, tablet ou móbil en calquera momento. Sería ideal que na páxina do centro a maioría do profesorado creara algún contido. En moitos centros este obxectivo está todavía lonxe de lograrse.

      A páxina é a “canle” pública na que poderiamos ter dende os impresos de matrícula ata artigos das actividades que se fan. A diferencia da “aula virtual” (moodle), na páxina do centro o material que se suba será accesible para toda persoa que acceda á páxina, por exemplo, un artigo no que se recolla unha viaxe ou a programación dunha materia.

      Este espazo é o idóneo para aloxar unha versión dixital da Revista do centro, complementando a versión en papel posto que permite incorporar moreas de imaxes, vídeos e audios.

      "EL TIEMPO ES ORO"

      Unha vez que se domine a creación de artigos, redactar un non debe levar moito tempo, dende logo non máis tempo do que se tardaría en escribilo no ordenador. Se facemos unha saída co alumnado e queremos recollela na páxina, consideramos que é mellor publicar un breve artigo con algo así “onte os grupos de 4º da eso visitamos xxx, podedes ver aquí algunhas das imaxes” que estar bastante tempo dándolle voltas a un texto para publicalo semanas despois. Se leva moito tempo, se da moito choio, debilítase o pulo inicial e pode que non se faga. Así que o noso consello antes de que vos poñades a crear un artigo, editar unha imaxe ou un vídeo, é que establezades un tope de tempo. Se o superades, teredes que reducir contidos, non poñer textos nun vídeo, ... A idea é que, ano tras ano, se vaian subindo contidos á páxina ...
    • USUARIOS

      En "Administrar > Mantemento de usuarios > Usuarios" creamos os usuarios co perfil "profe" para aquel profesorado interesado en crear contidos. Os membros do grupo temos asignado o perfil que chamamos "profe_editor" o cal, a diferencia do perfil anterior, permite publicar contidos na portada e modificar artigos creados por outros usuarios rexistrados. J.M. Blanco ten ademáis o perfil de administrador do sitio.

      CATEGORÍAS OCULTAS

      Para facer probas é conveniente que o administrador da páxina cree unha categoría oculta para os usuarios anónimos (aquí podes atopar indicacións de como facelo). Deste xeito o profesorado pode crear artigos de proba sen preoparse da súa visibilidade.

      ARTIGOS EN DRUPAL

      Neste vídeo (6 minutos) vense as características máis importantes dos artigos en Drupal e proponse a creación dun artigo que conteña só texto:



      ADXUNTAR PDFs (ou outros documentos)

      Son moitos os artigos nos que deberemos adxuntar arquivos: programacións, fichas, ... Neste vídeo podedes ver dous métodos para facelo:



      Para o que nos ocupa, a creación dunha revista, debemos intentar evitar utilizar artigos que conteñan arquivos (fotos, pdfs, ...) aloxados na conta dos usuarios. Se pasado un tempo se cancela unha conta de usuario, por exemplo por un traslado ou unha xubilación, os artigos quedarán "orfos" dese material.

      INSERIR UNHA IMAXE NUN ARTIGO

      Se a imaxe está no noso PC, neste pdf podedes ver a maneira de facelo. De todos modos, tal como comentamos no parágrafo anterior, é mellor non aloxar imaxes nas contas dos usuarios se pretendemos que o artigo se manteña na páxina por moitos anos... Ainda que é unha tarefa máis laboriosa, pensamos que é mellor aloxar as imaxes na Galería e inserilas dende alí tal como se indica neste pdf.

      LIGAZÓN A UN PDF (ou a outro documento)

      Vimos como adxuntar un PDF (ou outro arquivo). Para facilitar a navegación podemos crear nun texto ou nunha imaxe unha ligazón a ese PDF ou arquivo seguindo estas indicacións.

      ESTABLECER O PUNTO DE CORTE DO RESUMO DUN ARTIGO
      Os artigos que creas en Drupal aparecen "cortados" cando se publican. O habitual é que se corten automáticamente ós 800 ou 1000 caracteres (o valor pode definilo o Administrador en: Administrar > Por tarefa > Administración do contido > Configuración do artigo). Descubrimos que se pode engadir o seguinte botón ó editor para fixar o punto de corte manualmente (prevalece a opción manual sobre a automática):

      break


      Para instalar o botón o Administrador debe ir a: Administrar > Por módulo > Wysiwyg > Perfís Wysiwyg > Full HTML TinyMCE > Editar > Botóns e seleccionar Final do resumo.

      EXERCICIOS

      Neste pdf podes ver 8 exercicios guiados nos que se explica como inserir unha táboa, un vídeo, etc.

      PLANTILLAS

      Ao largo deste grupo de traballo probamos diferentes plantillas para a páxina. Ao final, co asesoramento da profe de Plástica Carme Nogueira, seleccionamos a actual. Intentamos personalizala pero, tras probas infructuosas, consultas ó noso asesor abalar e a Óscar Abilleira (CEIP Antonio Cerviño), descubrimos que o sistema "multisite" non permite moitos cambios ...