É un sinxelo editor de vídeo que incorpora Windows. Neste material vemos instrucións básicas de manexo da versión para XP.
Este é un vídeo da nosa canle en Youtube editado con WMM:
Openshot
É un editor de vídeo para Linux. Na aula de informática I está instalado nos PCs que incorporan Xubuntu 14.04.
Este é un titorial do programa. E este é un vídeo da nosa canle en Youtube editado con el:
Youtube
Este ano, co motivo da posta en marcha da web dinámica do centro creamos unha canle en Youtube.
En principio parece un contrasentido evitar usar servicios alleos como Blogger para aloxar o noso contido en Drupal e Coppermine e logo aloxar os vídeos nesta plataforma. Os motivos foron fundamentalmente dous:
Facilidade de inserción. Se ben os vídeos se poden cargar en Drupal seguindo estas instrucións, pareceunos máis doado subilos a Youtube e inserilos dende alí.
Difusión. Youtube é unha plataforma usada por millóns de usuarios. Pensamos que é unha excelente ferramenta para difundir algúns dos traballos que realizamos no centro.