Opcións de matriculación

Ola:

Sobre as puntualizacións que vos deixo aquí, temos falado xa dende o inicio de curso, e son válidas practicamente para todas as entregas... 

Son de carácter obligatorio as dúas entregas dos puntos 1 e 2

  1. pola Aula Virdtual
  2. a entrega física

Ambos deben estar debidamente identificados: un traballo sen identificación -ou nun archivo non válido na entrega da AV- son o mesmo que non presentados (así que nos remitimos ao punto anterior que versa sobre a obligatoriedade das entregas).

  • Identificar correctamente todas as entregas, tanto os arquivos subidos pola AV como a lámina física. Ademais suma nota

  • Para a identificación dos traballos recurrimos á lóxica: datos da lámina, título -pode ser todo en maiúsculas-, apelidos, nome, curso e grupo. Seguindo coa lóxica, as iniciais con maiúscula e as outras con minúscula e sen esquecer as tildes, segundo os exemplos:

    • L5 POLÍGONOS REGULARES, Suárez Leal, Belén 3ºF. 

    • L7-CÍRCULO CROMÁTICO, Suárez Leal, Belén 3ºF

  • Outros aspectos da entrega na AV que tamén se valoran

      • que non teña brillos ou sombras alleos ao debuxo

      • que as imaxes estean ben encadradas. Esto implica que se vexan:

        • sen perspectiva

        • o debuxo debe coller enteiro con marxes é identificación

        • non debe saír nada mais dentro da imaxe (estoxo, mantel... a cunca do almorzo...)

  • Por lóxica, non pode haber diferenza entre a imaxe da AV e a física, se hai mais feito nesta última, é saltarse o prazo.

  • presentación e a limpeza 

  • composición. Lembrade: a distribución correcta do que imos debuxar sobre a superficie que temos para facelo: como norma xeral, a marxe superior será maior ca inferior e as laterais serán mais ou menos iguais.

  • As marxes ben feitas a man cando é artístico e as interiores iguais ou menores que as exteriores. Loxicamente, en técnico farémolas coas ferramentas de debuxo técnico.

  • Teño unha opinión válida sobre a estética e a valoración do traballo empregado.

Pódeo en práctica, por favor.



Os convidados non poden acceder a este curso, tente acceder.