![]() | |||||
COMO CANTAR | |||||
Cantar
é unha habilidade que precisa entrenamento, ao igual que andar en bicicleta, bailar ou correr.
Para chegar a ser un bo ou boa cantante debes repirar axeitadamente, cantar con poder (con resonancia) e entoar. Cando cantamos sen nengún acompañamento instrumental estamos facendo música A capella. Cantar é moi divertido sós ou cos amigos!!
Aquí hai algúns pasos para convertirse nos mellores cantantes!! - Coida o teu instrumento vocal - Atopa o teu rexistro vocal - Respira axeitadamente e reláxate - Coñece as túas "ferramentas" para cantar - Traballa e amosa a túa autoconfianza - Fai exercicios de quecemento vocal - Disfruta cantando COIDA O TEU INSTRUMENTO VOCAL Todas as persoas que empregan a súa voz como ferramente (cantantes actores, profesores...) teñen que coidala e evitar todo o que a poida danar. Se queres ser cantante necesitas manter a túa voz en forma e saudable. Aquí aparecen algunha ideas para protexer o noso mellor instrumento: 1. Beber auga para manter o teu corpo e as cordas vocais ben hidratadas, e evitar o alcoto keep your body and your vocal cords well hydrated, and avoid alcohol e a cafeína. 2. Non fumar. Fumar aumenta o risco de cancro de gorxa, e inhalar fume pode irritar as cordas vocais (incluso nun fumador pasivo). 3. Non abusar da túa voz. Evitar berrar e procurar non falar demasiado alto en áreas ruidosas. 4. Manter a túa gorxa e pescozo relaxados incluso cando estás cantando notas agudas ou graves. 5. Non carrarpear a miúdo. ![]() ATOPA O TEU REXISTRO VOCAL O primeiro que necesitas saber son as posibilidades que ten a túa voz, para así atopar a sección do coro na que mellor te sintas (soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono ou baixo). Esta é a mellor forma de atopar o teu rexistro vocal: 1. Canta a escala descendendo ata que non podas entoar máis. (escribe a última nota na que te sintes ben cantándoa) Esa é a nota máis grave que podes cantar.
2. Canta a escala ascendendo ata que non poidas subir máis e escribe a última nota.
Esa á a nota máis aguda que podes cantar.
Agora xa sabes onde comeza e remata o teu rexistro vocal.
3. Compara os teus resultados cos rexistros vocais principais para saber cal é oteu tipo de voz. muller: soprano, mezzosoprano ou contralto home: tenor, barítono ou baixo Se practicas cantando, o teu rexistro vocal pode aumentar en poucas semanas. RESPIRA AXEITADAMENTE E RELÁXATE
A voz é coma un instrumento de vento porque a respiración é o 80% cando cantas, Unha correcta respiración pode axudarche a ser un bo cantante. Tenta seguir estes pasos para mellorar a túa técnica respiratoria: 1. Boa postura corporal. Mantén os hombreiros cara atrás e relaxados, a espalda recta, os dous pés no chan.
2. Cando respires nota como o teu torso se expande en todas as direccións (asegúrate de non erguer os hombreiros) 3. Pon a man preto da boca e sinte como a respiración é morna e suave. 4. Practica a túa nova forma de respirar
cantando(ou tocando un instrumento), falando, facendo exercicio... 5. Fai exercicios de respiracións para aumentar o control sobre o teu diafragma.
COÑECE AS TÚAS "FERRAMENTAS" PARA CANTAR Toca o teu corpo e atopa o teu instrumento voal: aparato respiratorio, aparato fonador, aparato resoador.
TRABALLA E AMOSA A TÚA AUTOCONFIANZA Non te preocupes polo que a xente poida pensar, continúa practicando e cree en ti mesmo/a.
FAI EXERCICIOS DE QUECEMENTO VOCAL Os exercicios de quecemento vocal serven para preparar a voz para cantar: 1. Masaxea a túa cara, a gorxa e relaxa tensións. 2. Fai unha respiración profunda e entona un "m"
coa escala.
Disfruta cantando só ou cos colegas nun coro ou nun grupo. É moi divertido!! Podedes empezar con esta canción africana: ![]() ![]() ![]() |