rhythm                                                                                                                                                                                      dots                                                                                                                                                                                                                                         
COMPASES, LIÑAS ADICIONAIS, SIGNOS DE REPETICIÓN

COMPÁS
Un compás tamén se chama a un segmento de tempo que está definido por un número de pulsos, e a cada pulso se lle asigna unha figura musical concreta.
 Unha peza musical está composta por moitos compases coa mesma duración.
O número de pulsos en cada compás está especificado ao inicio da partitura co numerador do compás (por exemplo o 3 no compás de 3x4), mentras que o denomidador indica a duración da figura musical de cada pulso ( no exemplo 3x4 o 4 correspóndese cunha negra en cada pulso)
.

2bar                3bar                 4bar
2 pulsos por compás        3 pulsos por compás      4 pulsos por compás
En cada exemplo podemos ver diferentes compases con pulsos fortes e débiles.

LIÑAS ADICIONAIS
  Unha liña adicional é unha liña vertical que separa cada compás e divide o pentagrama equitativamente.
Existen diferentes tipos de liñas divisorias:
singlebar LIÑA DIVISORIA: divide o pentagrama en compases.
                doublebar DOBRE BARRA: emprégase cando hai un cambio importante na música.
                                      endline  DOBRE BARRA FINAL: indica o final da peza musical.

SIGNOS DE REPETICIÓN

O Signo de repetición indica que sección musical debe ser repetida.

repeat1 

Se na partitura aparece un só signo de repetición significa que hai que repetir dende o inicio, e despois continuar (ou parar se o signo aparece ao final da peza).

repeat

Se aparece outro signo de repetición enfronte indica dende onde hai que repetir.
Cando chegamos ao segundo signo, voltamos ata o primeiro e repetimos.
Ás veces van acompañados dun primeiro, segundo ou incluso terceiro final.

endings

Cando aparecen diferentes finais, están sinalados cuns número enriba dos compases que indican cal hai que tocar primeiro (1), cal na segunda repetición (2), etc.

D.C.
Da Capo é un termo musical italiano que significa dende o principio (literalmente "dende a cabeza"). Sóese abreviar D.C.

D.S.
É unha marca que indica unha dirección. Significa 'Del Signo'. Cando vemos esta indicación debemos ir ao signo que está abaixo.

Esta marca tamén pode acompañar "al coda" ou "al fine". Esto significa "ir ao sinal, e dende alí á CODA" e " ir ao sinal, e dende ahí ao final" respectivamente.

signo Esté é o Signo. Dende aquí pódese ir ao coda, ao final ou a calquer parte que Del Signo nos dirixa.

              coda Este é o signo da coda. Sinala cando hai un final especial, tamén chamado coda.                           CODA

(En italiano "cola") É un termo que se emprega na música para designar unha pasaxe que leva á peza musical á súa conclusión.

go