Se usas o PUNTIÑO, a LIGADURA e o TRESIÑO, podes crear ritmos máis complicados, interesantes e sofisticados.
NOTAS CON PUNTIÑO
Unha nota con puntiño é unha nota cun punto escrito despois da súa cabeza.
O puntiño incrementa a duración da figura ou silencio unha metade máis do seu valor orixinal (50%).
Se a figura dura 2 pulsos, a figura con puntiño durará 2+1= 3 pulsos.

LIGADURA
A ligadura é unha liña curva que conecta as cabezas de dúas notas da mesma altura,unindo as súas duracións e convertíndoas nunha soa nota. Só se toca a primeira nota, a duración da segunda súmaselle á primeira. Esto permite que unha nota dure máis dun compás.

TRESIÑOS
Un tresiño son tres notas (todas da mesma duración) que se tocan no tempo de dúas.
Os tresiños mŕcanse cun "3" enriba ou debaixo da metade das tres notas.

|