greece_music

m
           MÚSICA NA MITOLOXÍA GREGA


A AVENTURA DE PAN E SYRINX
Syrinx era unha fermosa ninfa. Era famosa pola súa forte paixón pola caza.
PUn día, o grego sátiro Pan viu a Syrinx cazando. Encantado co que viu, Pan decidiu aproximarse a ela con intencións.


Syrinx, que era unha ninfa moi orgullosa, rexeitouno e fuxiu.

Pero Pan perseguiuna.


P
De súpeto, o camiño da ninfa quedou cortado polo río Ladon. Desesperadamente, Syrinx apelou ao deus do río para rescatala, ata que finalmente as súas pregarias foron escoitadas e o deus do río convertiu a Syrinx nunha cana.

Pronto Pan chegou e abrazou a Syrinx , pero todo o que atopou dentro brazos era un montón de canas de xuncos.
Pan suspirou desesperadamente... un suspiro tan profundo que soou por entre os xuncos, producindo unha melodía!
Encantado con esta melodía, Pan xuntou pequenos anacos de cana e construíu unha frauta que chamou de "Syrinx" para honrar a ninfa (hoxendía coñecida como Frauta de Pan). Onde queira que iba, Pan levou a súa amada Syrinx con el, deleitándose cos seus sons harmoniosos.



ORFEO, O PAI DAS CANCIÓNS
Orfeo foi famoso na Grecia Antiga polos seus poemas e a súa música. Dacordo co antigo poeta Pindas, foi considerado o "Pai das Cancións".
o
Os poetas dicían que a música e o canto de Orfeo podía encantar aos paxaros, peixes e animais salvaxes, facer que as árbores e rochas bailasen, e desviar o curso dos ríos. Foi un dos poucos heroes gregos que visitaron o inframundo e voltaron, a súa música e canto tiña poder sobre Hades (deus do inframundo).

O profesor de Orfeo era Apolo, o deus da música, que fixo cantar a súa lira de forma tan encantadora, poñendo rochas e árbores en movemento. Algúns din que Orfeo inventou a guitarra.