greece
m
s
                                                                                                                                                                                                  
m  MÚSICA NA GRECIA ANTIGA


 A palabra música vén das Musas, fillas de Zeus e deusas dos esforzos creativos e intelectuais.

A función da música na sociedade grega antiga estaba conectada na súa Mitoloxía (Hermes, Orfeo, Pan ...).

 
É común escoitar o termo Música das Esferas ou harmonía das esferas (musica universalis): é un concepto filosófico antigo (Pitágoras e a súa escola), que se refire ás proporcións nos movementos dos corpos celestes (Sol, da Lúa e os planetas ) como unha forma de música.


m  Esta 'música' xeralmente non está pensada para ser literalmente audible, é máis ben un concepto harmónico e/ou matemático e/ou relixioso. A idea continuou na cabeza dos pensadores ata finais do Renacemento, influíndo en estudosos coma os humanistas.

A música na Grecia Antiga estaba totalmente presente na sociedade, dende vodas e funerais, cerimonias relixiosas, teatro, poesía épica...
Xogou así un papel fundamental na vida dos gregos antigos.
s

Hai
fragmentos significativos de notación musical grega real, así como moitas referencias
literarias (filósofos como Pitágoras, Platón e Aristóteles) sobre como soaba a música, o papel xeral da música na sociedade, a economía da música, a importancia dunha casta profesional de músicos, etc.

Un dos primeiros fragmentos que se conserva de esta música é o Epitafio de Seikilos.