Pop
Características Musicais
|
ORIXES E INFLUENCIAS |
- O Pop naceu a finais dos anos 1950 como derivación do Rock & Roll combinado con outros xéneros musicais. - É un xénero musical que mestura moitos elementos doutros estilos: dance, rock, música latina, rhythm & blues. |
|
INSTRUMENTACIÓN |
- Voz - Guitarra eléctrica ou acústica - Baixo - Teclado: piano, órgano ou sintetizador - Instrumentos solistas: saxofón ou harmónica (cun estilo de blues) - Batería |
|
FORMA |
- 8 frases de 4 compases - Estrutura básica: Estrofa-retrouso-estrofa-retrouso-retrouso - Estrutura completa: Intro-estrofa-retrouso-ponte-estrofa-retrouso-coda - O Retrouso contrasta melódica, rítmica e harmónicamente coa Estrofa |
|
MELODÍA E LETRAS |
- Letras: sentimentais, da vida cotiá, relacións amorosas, temas persoais e sociais. - Melodías simples e pegadizas - Predominio da voz na melodía sobre outros instrumentos |
|
RITMO |
- Cancións de corta duración - Ritmo constante e bailable - Compás de 4/4 - Patrón rítmico clásico: |
|
HARMONÍA |
- Acompañamento harmónico simple - Acordes tríada: 1º-3º-5º - Progresións harmónicas do Blues: I-I-I-I - IV-IV-I-I – V-IV-I-I I-IV-I-I - IV-IV-I-I – V-IV-I-V - Progresións harmónicas básicas: I-IV-V-I I-V-vi-IV
|
Escoitamos remix de música Pop
Base Musical
Aquí temos unha base rítmica e harmónica sobre a cal podemos compoñer unha melodía de Pop.
O fichero temos que abrilo co MuseScore.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0


