2ª práctica: análise e comentario de mapa de situación atmosférica en superficie
Requisitos do completado
Analiza e comenta os seguintes mapas de superficie aplicando o seguinte procedemento:
1ª. Identificación e localización[1] dos centros de acción (dinámicos e térmicos):
- Anticiclóns: A ou H (high en inglés).
- Depresións: B ou L (low en inglés).
- Frontes asociados: frías, cálidas, ocluídas e estacionarias.
2ª. Predicción do tempo atmosférico sobre a Península Ibérica explicando as situacións básicas (B ou A) e de fluxo (influencia das frontes: compoñente das masas de aire, velocidade do vento deducida das isóbaras ou da existencia de pantanos isobáricos).
[1] A localización debe facerse con referentes de xeografía física (non política), por exemplo: ao N / S da península...
Prema na ligazón 9ª. Práctica comentarios mapas de tempo atmosférico (superficie).pdf para ver o ficheiro.