1. O vello réxime na Europa occidental do sec. XVIII
Xuntamos unha presentación dixital coas características do vello réxime europeo no século XVIII:
- Economía preindustrial de base agrícola e comercial cunha forte expansión das manufacturas para abastecer as demandas do comercio triangular colonial.
- Sociedade estamental cun aumento cuantitativo dos sectores "burgueses" favorecidos polo capitalismo mercantil.
- Sistemas politicos alicerzados na concentración do poder na monarquía e nas elites asociadas á administración dos estados (Franza ou a España borbónica) ou parlamentariosmo británico e holandés cunha división de poderes a máis participación das emerxentes burguesías comerciais.
- Cultura barroca e neoclásica cun progresivo interese polo coñecemento científico, a tecnoloxía e a racionalidade (matemática, filosofía, hixienismo...)