As orixes

As propostas metodolóxicas dirixidas ao desenvolvemento da aprendizaxe mediante proxectos parte, entre outras influencias, do traballo realizado na Universidade de Columbia (N. York) por John Dewey e o su alumno e compañeiro William H. Kilpatrick a principios do século XX. Este último publicou en 1918 o seu traballo The Project Method (O método de proxectos), onde establece as súas fases de desenvolvemento (proposta, planificación, elaboración e avaliación) e suliña a súa fundamentación nos intereses e motivacións dun alumnado que coopera e desenvolve o traballo de xeito autónomo:

A aprendizaxe por proxectos na actualidade

A metodoloxía de proxectos iniciada por Kilpatrick vive un renacemento na actualidade a carón do concepto e do desenvolvemento das competencias e de sistemas de avaliación máis centrados no saber facer que na repetición de exercicios descontextualizados e desmotivadores ou na memorización pasiva de contidos. Isto da lugar a titulares como "A aprendizaxe por memorización, clave do fracaso educativo español", afirmación de Andreas Schleicher, director do informe PISA. Ese ensino máis activo, máis cooperativo, máis globalizado e máis creativo é un obxectivo que buscan referentes dentro do ámbito da mellora dos sistemas educativos como Ken Robinson, responsable do Informe Robinson (1999) e de varias conferencias TED que resumen a súa perspectiva sobre o papel da creatividade na educación e da necesidade dunha verdadeira atención á diversidade e dun "

".

AmpliaciónAmpliación

As persoas que queiran completar a información sobre esta proposta poden tamén consultar a súa conferencia TED "A iniciar a revolución da aprendizaxe":


¡A iniciar la revolución del aprendizaje! Vídeo de Ken Robinson en TED. CC BY-NC-ND

Ou unha das conferencias máis vistas na historia de internet, "As escolas matan a creatividade":


Las escuelas matan la creatividad. Vídeo de Ken Robinson en TED. CC BY-NC-ND

Polo tanto, a metodoloxía de proxectos, como instrumento e como dinámica que integra moitos dos obxectivos buscados no desenvolvemento de competencias, da creatividade, do traballo cooperativo e do espírito crítico, é unha ferramenta moi útil e moi utilizada para conseguir motivar a un alumnado autónomo e para levar ás aulas esa revolución educativa da que fala Ken Robinson.

InformaciónWebgrafía

Aínda que a bibliografía é moi ampla sobre o que na actualidade se prefire chamar "aprendizaxe por proxectos", enfocándoo nas accións do alumnado, propoñemos a continuación a lectura dunha presentación que resumen e sintetiza a proposta da aprendizaxe por proxectos e, en segundo lugar, a consulta de dous libros que ofrecen en aberto experiencias que poñen en práctica este modo de ensinar e aprender.

A presentación "A metodoloxía de proxectos desde o punto de vista dos estudantes de secundaria", presentada nas III Xornadas Estatais de Aprendizaxe Baseada en Proxectos e Metodoloxías Activas, ofrece unha perspectiva centrada no traballo realizado neste ámbito nos centros de secundaria:


Para un estudo máis en profundidade da aprendizaxe por proxectos pódense consultar os dous libros anteditos. O primeiro é obra de Francisco J. Pozuelos Estrada, "Trabajo por proyectos en el aula:descripción, investigación y experiencias" (pulsar aquí para baixalo e abrilo), un estudo metade teórico e metade centrado en experiencias realizadas en centros educativos. (Picar aquí para ver unha versión sintética a modo de presentación).
Unhas características similares ten o libro O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria, (picar aquí para baixalo e abrilo) de Azucena Arias Correa, Dolores Arias Correa, Mª Victoria Navaza Blanco e Mª Dolores Rial Fernández, publicado pola Consellería de Educación e que inclúe experiencias máis próximas.
Última modificación: jueves, 7 de julio de 2016, 13:35