Breve introdución á metodoloxía de aprendizaxe por proxectos
As orixes
As propostas metodolóxicas dirixidas ao desenvolvemento da aprendizaxe mediante proxectos parte, entre outras influencias, do traballo realizado na Universidade de Columbia (N. York) por John Dewey e o su alumno e compañeiro William H. Kilpatrick a principios do século XX. Este último publicou en 1918 o seu traballo The Project Method (O método de proxectos), onde establece as súas fases de desenvolvemento (proposta, planificación, elaboración e avaliación) e suliña a súa fundamentación nos intereses e motivacións dun alumnado que coopera e desenvolve o traballo de xeito autónomo:
A aprendizaxe por proxectos na actualidade
A metodoloxía de proxectos iniciada por Kilpatrick vive un renacemento na actualidade a carón do concepto e do desenvolvemento das competencias e de sistemas de avaliación máis centrados no saber facer que na repetición de exercicios descontextualizados e desmotivadores ou na memorización pasiva de contidos. Isto da lugar a titulares como "A aprendizaxe por memorización, clave do fracaso educativo español", afirmación de Andreas Schleicher, director do informe PISA. Ese ensino máis activo, máis cooperativo, máis globalizado e máis creativo é un obxectivo que buscan referentes dentro do ámbito da mellora dos sistemas educativos como Ken Robinson, responsable do Informe Robinson (1999) e de varias conferencias TED que resumen a súa perspectiva sobre o papel da creatividade na educación e da necesidade dunha verdadeira atención á diversidade e dun "
Ampliación
As persoas que queiran completar a información sobre esta proposta poden tamén consultar a súa conferencia TED "A iniciar a revolución da aprendizaxe":
¡A iniciar la revolución del aprendizaje! Vídeo de Ken Robinson en TED. CC BY-NC-ND
Ou unha das conferencias máis vistas na historia de internet, "As escolas matan a creatividade":
Las escuelas matan la creatividad. Vídeo de Ken Robinson en TED. CC BY-NC-ND
Polo tanto, a metodoloxía de proxectos, como instrumento e como dinámica que integra moitos dos obxectivos buscados no desenvolvemento de competencias, da creatividade, do traballo cooperativo e do espírito crítico, é unha ferramenta moi útil e moi utilizada para conseguir motivar a un alumnado autónomo e para levar ás aulas esa revolución educativa da que fala Ken Robinson.
Webgrafía
Aínda que a bibliografía é moi ampla sobre o que na actualidade se prefire chamar "aprendizaxe por proxectos", enfocándoo nas accións do alumnado, propoñemos a continuación a lectura dunha presentación que resumen e sintetiza a proposta da aprendizaxe por proxectos e, en segundo lugar, a consulta de dous libros que ofrecen en aberto experiencias que poñen en práctica este modo de ensinar e aprender.
A presentación "A metodoloxía de proxectos desde o punto de vista dos estudantes de secundaria", presentada nas III Xornadas Estatais de Aprendizaxe Baseada en Proxectos e Metodoloxías Activas, ofrece unha perspectiva centrada no traballo realizado neste ámbito nos centros de secundaria: